Gallego

Apertura dun prazo de actualización do expediente para o persoal funcionario en prácticas dos corpos docentes dependentes desta consellería (ED011A)

Gallego

Ábrese o prazo desde o día 20 de xaneiro de 2025 ata o día 27 de xaneiro de 2025 (incluído) para que o persoal docente funcionario en prácticas poida actualizar o seu expediente persoal.

 

Poderán actualizar e/ou modificar o seu expediente persoal alegando os méritos que NON consten ou figuren de xeito incorrecto neste, no enderezo web http://www.edu.xunta.gal/datospersoais.

 

A través do dito enderezo web poderán xerar unha solicitude para actualizar e/ou modificar o expediente persoal do seguinte xeito:

  1. Acceda á web http://www.edu.xunta.gal/datospersoais e identifíquese mediante calquera dos mecanismos permitidos: correo de dominio edu.xunta.gal e contrasinal, Chave 365 ou certificado electrónico.
  2. Prema na lapela As miñas instancias (parte esquerda do menú)
  3. Seleccionar o tipo de instancia: Instancia de prácticas 2024 e prema no botón CREAR NOVA INSTANCIA
  4. Unha vez creada a instancia deberá acceder ao menú existente no apartado Resumo de alegacións e formular as alegacións que considere oportunas utilizando o botón Facer alegacións. Neste paso deberá engadir na aplicación con cada alegación individualizada un documento xustificativo desta.

    Só se debe engadir o documento correspondente ao mérito alegado (non é válido engadir un arquivo no que consten unidos varios documentos alegados en diferentes categorías ou apartados do expediente).

    A documentación complementaria que se presente neste procedemento (ED011A) pode achegarse só na aplicación web www.edu.xunta.gal/datospersoais sen que sexa preciso que se engada de novo na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  5. Logo de finalizar as alegacións, deberá pechar a solicitude e presentala electronicamente mediante a lapela Presentación en sede cuxa ligazón lle permitirá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia. Lembre que a solicitude só estará correctamente presentada cando se lle permita descargar o recibo xustificativo da presentación telemática.

 

IMPORTANTE: só se admitirá a última solicitude presentada na sede electrónica. Por esta razón, TODOS os méritos deben alegarse na mesma solicitude. No caso de que vostede esqueza alegar algún mérito, pode crear unha nova instancia creando unha copia da anterior para engadir o mérito ou méritos que non tivese alegado na solicitude anterior.

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Resolución definitiva do programa educativo Menores nin unha pinga

Logo de convivencia: dúas mans agarradas con forma de corazón
Gallego

Resolución definitiva do 14 de xaneiro de 2025 pola que se fai pública a relación de centros seleccionados conforme o disposto no apartado oitavo da Resolución do 11 de decembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa educativo Menores nin unha pinga dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no curso 2024/2025.

Colectivo: 

2ª Convocatoria do programa educativo "Que non te líen, ti elixes"

Logo de convivencia: dúas mans agarradas con forma de corazón
Gallego

Resolución conxunta do 14 de xaneiro de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pola que se convoca o programa educativo “Que non te líen, ti elixes” dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no curso 2024/25.

Colectivo: 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2025/2026

Gallego

Fase de reserva de praza en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2025 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro do 2025, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 Normativa de aplicación:

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html

Colectivo: 

Sección: 

Resolución definitiva do programa EduExchanges de intercambio presencial para o curso 2024/2025

Logo intercambios escolares: un bocadillo de banda deseñada
Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución definitiva dos centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia seleccionados para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2024/2025.

Colectivo: 

Resolución definitiva de centros seleccionados na convocatoria do programa Clubs de Lectura para o curso 2024/25

Logo clubs de lectura: lombos de 3 libros
Gallego

Xúntase arquivo coa resolución definitiva pola que fai pública a relación de centros seleccionados conforme ao disposto no apartado 9 da Resolución do 12 do xuño de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dentro das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se incentiva o funcionamento de CLUBS DE LECTURA en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que acollan ensinanzas de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, durante o curso 2024/25.

Colectivo: 

Resolución definitiva pola que se resolve a convocatoria do programa Lectura e Familias para o curso 2024/25

Logo lectura e familias: 3 lombo de 3 libros
Gallego

Xúntase arquivo coa resolución definitiva pola que fai pública a relación de centros seleccionado segundo o establecido no apartado 9 da Resolución do 16 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no programa Lectura e Familias, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), para promover a lectura e o uso responsable da información entre os distintos sectores da comunidade educativa, en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que acollan ensinanzas de educación infantil, primaria, educación especial, secundaria, bacharelato e formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2024/25.

Colectivo: 

VIII Concurso para o deseño do cartel do día 8 marzo "Día Internacional Da Muller"

Logo convivencia: dúas mans agarradas con forma de corazón
Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Consellería de Política Social e Igualdade convocan conxuntamente o concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. O obxecto do curso é fomentar a promoción da igualdade dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.

O contido do cartel deberá difundir e transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade, promovendo a igualdade entre mulleres e homes.

Participantes: Poderán participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universiario: educación infantil, primaria, ESO, bacharelato e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.

Categorías

  1º Categoría.- Alumnado de infantil. 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.

  2º Categoría.- Alumnado 5º e 6º de educacion primaria, 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e educación especial.

  3º Categoría .- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) , 1º e 2º de bacharelato, FP básica, ciclos de grao medio e ciclos de grao superior.

Presentación  das solicitudes: Os centros que desexen participar neste concurso poderán facelo dende o día seguinte ao de publicación das bases nas páxinas web da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa e na páxina Web de Igualdade. Ata o día 20 de febreiro de 2025, ás 15:00 horas.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución do 3 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se resolven os premios educativos Innovagal para o ano 2024, convocados na Resolución do 2 de abril de 2024

Logo de bombilla acendida coa palabra innovación
Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a resolución pola que se resolven os premios educativos Innovagal para os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2024.

Os centros premiados na categoría A, correspondente cos ciclos de educación infantil, primaria, educación especial e centros rurais agrupados, son os seguintes:

Primeiro premio: CEIP Plurilingüe de Louro (Muros, A Coruña)

Segundo premio: CEIP Mestre Martínez Alonso (Mos, Pontevedra)

Terceiro premio: CEIP de Prácticas López Ferreiro (Santiago de Compostela, A Coruña)

Mención de honra: CEIP da Torre-Illa (A Illa de Arousa, Pontevedra)

Na categoría B, correspondente a centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros públicos de educación e promoción de adultos, os premiados son:

Primeiro premio: IES Plurilingüe Rafael Dieste (A Coruña, A Coruña)

Segundo premio: IES de Beade (Vigo, Pontevedra)

Terceiro premio: IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria, Lugo)

Mención de honra: CPI Plurilingüe da Picota (Mazaricos, A Coruña)

Colectivo: 

Resolución do 27 de decembro de 2024 pola que se publica a concesión dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2023/24

Gallego

Resolución do 27 de decembro de 2024 pola que se publica a concesión dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2023/24 en centros públicos de Galicia, convocados pola Orde do 17 de setembro (Diario Oficial de Galicia núm. 186, do 26 de setembro).

Colectivo: