Convocatoria dos Premios Innovagal 2024 para os centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución do 2 de abril de 2024 pola que se convocan os premios educativos Innovagal para os centros educativos públicos da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2024.
As categorías nas que poden participar os centros son as seguintes:
Categoría A: escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria e colexios de educación primaria.
Categoría B: centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros públicos de educación e promoción de persoas adultas.
A presentación das candidaturas realizarase mediante Sede Electrónica e irán dirixidas ao Servizo de Innovación e Programas Educativos da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. O período de presentación estará aberto dende o día seguinte á publicación desta Resolución no Portal Educativo ata o mércores, 31 de xullo de 2024.
Resolución do 2 de abril de 2024
Anexo I. Liñas temáticas
Anexo II. Solicitude
Anexo III. Modelo de memoria descritiva
Anexo IV. Autorización para o uso de imaxe de menores
Anexo V. Folla de autobaremación
Anexo VI. Baremo
Listaxe provisional de candidaturas admitidas
Resolución do 3 de xaneiro de 2025