Convocatoria do programa Clubs de Lectura en centros públicos titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional para o curso 2024/25
Publícase a Resolución do 12 do xuño de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dentro das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se incentiva o funcionamento de CLUBS DE LECTURA en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que acollan ensinanzas de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, durante o curso 2024/25.
- O prazo de presentación de solicitudes comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no portal educativo e rematará o día 4 de outubro de 2024.
Todo o procedemento de solicitude realizarase a través da aplicación informática programas bibliotecas (https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas/).