Gallego

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590)

Gallego

Publícase a resolución do 7 de xaneiro de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 9 de xaneiro ata o mércores día 15 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 9 de xaneiro de 2025.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución do 26 de decembro de 2024 pola que se publica a concesión das axudas dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro

Gallego

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Resolución do 26 de decembro de 2024: adxudicación dos premios extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais de música, de danza, e de artes plásticas e deseño do curso 2023/24

Gallego

Colectivo: 

Publicación definitiva de acreditacións da Competencia Dixital Docente, CDD, ao abeiro da Resolución do 5 de xullo de 2024

Gallego

Colectivo: 

Sección: 

Resolución do concurso Eduemprende Idea 2024

Gallego

Publicada a Resolución do 26 de decembro de 2024 pola que se fai pública a relación de proxectos premiados no concurso Eduemprende Idea 2024, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos, convocado pola Orde do 11 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 23, do 1 de febreiro).

 

Colectivo: 

Convocatoria de axudas de mobilidade, complementarias ás achegadas pola UE, para o alumnado das universidades públicas de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2024/25 en países que teñen a condición de países do programa no programa Erasmus+

Gallego

Orde do 11 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas de mobilidade, complementarias ás achegadas pola Unión Europea, para o alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2024/25 en países que teñen a condición de países do programa no programa comunitario Erasmus+ (código de procedemento ED417A).

  • O prazo de presentación será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

 

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Proxectos de formación para profesorado de FP e de réxime especial curso 2024-2025. Resolución definitiva

Gallego

Publicada a resolución definitiva de proxectos de formación presentados á convocatoria do 30 de setembro do 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convocan proxectos de formación do profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2024-2025 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional.

 

Tema: 

Colectivo: 

Convocatoria dos XIX Premios á excelencia musical Mans Futuro 2024 dirixidos ao alumnado da especialidade de Interpretación dos conservatorios superiores de música da Comunidade Autónoma de Galicia

Gallego

Xúntase a Resolución do 18 de decembro da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a convocatoria dos XIX Premios á excelencia musical Mans Futuro 2024 dirixidos ao alumnado da especialidade de Interpretación dos conservatorios superiores de música da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • O prazo de inscrición estará aberto do 19 de decembro de 2024 ao 20 de xaneiro de 2025, ambos os dous días incluídos. As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Formación Profesional a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. 

 

Colectivo: 

Sección: 

Listaxe definitiva de cualificacións de carnés e habilitacións profesionais segunda convocatoria 2024

Gallego

Publicada a listaxe definitiva de cualificacións das probas da segunda convocatoria 2024 para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais.

- Listaxe definitiva de cualificacións da segunda convocatoria.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante o Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes desde a súa publicación.

 

Tema: 

Colectivo: 

Resolución para os centros de continuidade na Rede de Centros “Ponte... nas Ondas! de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2024/25

i
Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución pola que se lle dá continuidade á Rede de Centros “Ponte... nas Ondas! de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)”  durante o curso 2024/25.

Estes centros continuarán desenvolvendo o traballo iniciado durante o curso 2023/24 cos seguintes obxectivos:

1. A posta en valor do Patrimonio Inmaterial galego-portugués.
2. O establecemento de canles de comunicación entre Galicia e Portugal aproveitando os vínculos lingüísticos.
3. Fomentar dende o ámbito educativo a implantación de iniciativas que contribúan ao coñecemento e consecución dos ODS da Axenda 2030, prestando especial atención ao ODS 4 que busca garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, así como ao ODS 17, que fomenta as alianzas para lograr os obxectivos.

 

Colectivo: 

Sección: