Convocatoria dos XIX Premios á excelencia musical Mans Futuro 2024 dirixidos ao alumnado da especialidade de Interpretación dos conservatorios superiores de música da Comunidade Autónoma de Galicia

Mér, 18/12/2024 - 12:41

Xúntase a Resolución do 18 de decembro da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a convocatoria dos XIX Premios á excelencia musical Mans Futuro 2024 dirixidos ao alumnado da especialidade de Interpretación dos conservatorios superiores de música da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • O prazo de inscrición estará aberto do 19 de decembro de 2024 ao 20 de xaneiro de 2025, ambos os dous días incluídos. As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Formación Profesional a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.