Gallego

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598) (código de procedemento ED003A)

Gallego

Publícase a resolución do 12 de febreiro de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598) (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde o luns 17 de febreiro ata o venres 21 de febreiro de 2025, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible o luns 17 de febreiro de 2025.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A)

Gallego

Publícase a resolución do 12 de febreiro de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde o luns 17 de febreiro ata o venres 21 de febreiro de 2025, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible o luns 17 de febreiro de 2025.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A)

Gallego

Publícase a resolución do 12 de febreiro de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde o luns 17 de febreiro ata o venres 21 de febreiro de 2025, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible o luns día 17 de febreiro de 2025.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Probas de acreditación da competencia lingüística en linguas estranxeiras para alumnado de centros públicos.

Linguas
Gallego

Resolución do 12 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso 2024/2025.

A solicitude realizarase a través do aplicativo: https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos

  • Prazo de entrega de solicitudes: Quince días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Portal Educativo: do 14 de febreiro ao 6 de marzo (inclusive).

 

Colectivo: 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde da convocatoria 2025

Gallego

Publicada a Orde do 4 de febreiro de 2025 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

  • Orde do 4 de febreiro de 2025.

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 24 de febreiro e 12 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 24 de febreiro e 12 de marzo de 2025.

 

Tema: 

Sección: 

Aberto o prazo para solicitar a participación nas Comisións Delegadas (CD) e nas Comisións de Avaliación (CA) da Proba de Acceso á Universidade (PAU) 2025

Gallego

Aberto o prazo para solicitar participar nas Comisións Delegadas (CD) e nas Comisións de Avaliación (CA) da Proba de Acceso á Universidade (PAU) da convocatoria 2025.

A inscrición debe facerse de xeito electrónico antes do 24 de febreiro a través da ligazón: Formulario de inscrición

Poden presentar solicitudes para as Comisións Delegadas: o profesorado dos corpos de educación secundaria e dos corpos de profesorado de artes plásticas e deseño, que, de acordo coa lexislación vixente, poida impartir docencia nas materias de bacharelato, nun grao superior de formación profesional, nun grao superior de artes plásticas e deseño ou nun grao superior de ensinanzas deportivas.

Poden presentar solicitudes para as Comisións de Avaliación: o profesorado dos corpos docentes e das especialidades que, de acordo coa lexislación vixente, poida impartir docencia nas materias de bacharelato.

O profesorado de FP pode solicitar participar nas Comisións Delegadas (vixiancia) pero non nas Comisións de Avaliación (corrección).

  • Máis información no documento “Información para participar nas comisións da PAU 2025”.

 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Orde do 31 de xaneiro de 2025 pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na Comunidade Autónoma de Galicia

Gallego

Publicada a Orde do 31 de xaneiro de 2025 pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Tema: 

Colectivo: 

Convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso 2025/2026. Solicitude de NOVAS persoas candidatas

Auxiliares de conversa
Gallego

Desde o 11 de febreiro de 2025 ata o 26 de marzo de 2025, o Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes abre a convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso escolar 2025/2026.

Convócanse prazas de Auxiliares de Conversa de lingua alemá, chinesa, francesa, inglesa, italiana e portuguesa.

Axudas dirixidas a persoas graduadas e estudantes universitarias, como mínimo de segundo curso (ao peche da convocatoria), dos seguintes países:

Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria (inglés), Canadá (francés ou inglés), China, Costa de Marfil, Dinamarca (inglés), Estados Unidos, Filipinas, Finlandia (inglés), Francia, Hungría, Irlanda, India, Islandia (inglés), Italia, Luxemburgo, Malta, Marrocos (francés), Noruega (inglés), Nova Zelandia, Países Baixos (inglés), Países de Oceanía (Fixi, Illas Salomón, Kiribati, Samoa, Tonga e Vanuatu), Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Suecia (inglés), Suíza (alemán ou francés), Tailandia e Tunes (francés).

Ligazón á convocatoria:

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/99/998188/ficha/998188-2025.html

Información:

Departamento: 

Colectivo: 

Convocatoria para a solicitude de RENOVACIÓN das persoas auxiliares de conversa para o curso 2025/2026. Centros públicos

Auxiliares de conversa
Gallego

Información en galego, castelán e inglés relativa ao proceso de renovación no Programa de Auxiliares de Conversa en Galicia. Contén ligazóns á plataforma de solicitude e á información.

Estas instrucións van dirixidas ás persoas participantes no programa de auxiliares de conversa durante o curso 2024/2025 que desexen solicitar a renovación no programa durante o curso 2025/2026.

A ter en conta:

  • Non é posible participar no programa de auxiliares de conversa en Galicia máis de tres cursos escolares consecutivos.
  • É obrigatorio realizar a formación didáctica específica para persoas auxiliares de conversa.
  • Prazo de solicitudes: desde o 11 de febreiro de 2025 ata o 26 de marzo de 2025.

 

Colectivo: 

Convocatoria do concurso Eduemprende Idea 2025

Eduemprende
Gallego

Publicada a Orde do 30 de decembro de 2024 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2025 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos (código de procedemento ED523A).

  • Comprende dúas modalidades:
  • Modalidade A: ciclos de grao superior e cursos de especialización.
  • Modalidade B: ciclos de grao básico e grao medio.

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dúas persoas e un máximo de catro.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 11 de febreiro ata o 16 de maio de 2025, ambos os dous incluídos.