Probas de acreditación da competencia lingüística en linguas estranxeiras para alumnado de centros públicos.

Xov, 13/02/2025 - 09:38
Linguas

Resolución do 12 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso 2024/2025.

A solicitude realizarase a través do aplicativo: https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos

  • Prazo de entrega de solicitudes: Quince días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Portal Educativo: do 14 de febreiro ao 6 de marzo (inclusive).