Convocatoria de axudas de mobilidade, complementarias ás achegadas pola UE, para o alumnado das universidades públicas de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2024/25 en países que teñen a condición de países do programa no programa Erasmus+
Xov, 02/01/2025 - 10:08
Orde do 11 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas de mobilidade, complementarias ás achegadas pola Unión Europea, para o alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2024/25 en países que teñen a condición de países do programa no programa comunitario Erasmus+ (código de procedemento ED417A).
- O prazo de presentación será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.