Inicio
CONCURSO DE TRASLADOS ESPECÍFICO ENTRE O PERSOAL DOCENTE FUNCIONARIO DE CARREIRA PARA CUBRIR PRAZAS NOS CENTROS QUE IMPARTEN ENSINANZAS DE EDUCACIÓN DE PERSOAS ADULTAS 2024/25 (ED013D)
Entre o día 5 de decembro de 2024 e o día 27 de decembro de 2024, ambos os dous incluídos está aberto o prazo para formular solicitudes de participación no concurso específico entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario, funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas, convocado pola Orde do 25 de novembro de 2024 (DOG do 4 de decembro)
Se participou no concurso xeral de traslados 2024/25 e xa presentou a solicitude de actualización do expediente persoal neste, non é preciso que formule alegacións ao expediente persoal no concurso específco de adultos salvo que desexe actualizar méritos perfeccionados con posterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes do concurso xeral de traslados.
No caso de non se participe no concurso xeral de traslados 2024/25 e o expediente do persoal concursante non estea actualizado ou se discrepe dos datos contidos poderase actualizar ou modificar o expediente no prazo de presentación de solicitudes do concurso específico de adultos coa presentación por medios electrónicos da solicitude normalizada de actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (código de procedemento ED011A).
* No caso de que figuren méritos xa validados no expediente persoal pero que non aparecen baremados poderá presentar unha alegación no prazo de que se estableza para reclamacións e renuncias.
* Non se permitirá a presentación de documentación complementaria xunto coa solicitude de participación non concurso específico.
- CONCURSO ESPECÍFICO ENTRE PERSOAL FUNCIONARIO DO CORPO DE MESTRES PARA CUBRIR PRAZAS DE XEFATURA DE DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 2024/25 (Código de procedemento ED013A)
Entre o día 27 de novembro de 2024 e o día 18 de decembro de 2024, ambos os dous incluídos está aberto o prazo para formular solicitudes de participación no concurso específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura de Departamento de Orientacion, convocado pola Orde do 13 de novembro de 2024 (DOG nº228, do 26 de novembro)
Se está participando ao mesmo tempo no concurso xeral de traslados e presentou alegacións, non é preciso que formule alegacións neste concurso específco salvo que precise engadir méritos perfeccionados con posterioriadade á presentación da dita solictude.
No caso de que o expediente do persoal concursante non estea actualizado ou se discrepa dos datos contidos poderase actualizar ou modificar no prazo de presentación de solicitudes do concurso específico coa presentación por medios electrónicos da solicitude normalizada de actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes desta consellería (código de procedemento ED011A).
* No caso de que figuren méritos xa validados no expediente persoal pero non aparecen baremados poderá presentar unha alegación no prazo establecido na base décimo quinta da orde de convocatoria.
* Non se permitirá a presentación de documentación complementaria xunto coa solicitude de participación no concurso específico no procedemento código ED013A
-
CONCURSO XERAL DE TRASLADOS 2024/25 (Código de procedemento ED012A)
-
Entre o día 5 de novembro de 2024 e o día 26 de novembro de 2024, ambos os dous incluídos está aberto o prazo para formular solicitudes de participación no concurso xeral de traslados (CXT), convocado pola Orde do 21 de outubro de 2024 (DOG do 4 de novembro)
Durante este mesmo período, o persoal participante no concurso poderá actualizar ou modificar o seu expediente, no caso de que non estea completo ou exista discrepancia con algún dos datos contidos en calquera dos apartados deste, utilizando a solicitude normalizada do procedemento ED011A.
A solicitude presentarase obrigatoriamente a través do formulario normalizado accesible na páxina web https://www.edu.xunta.gal/datospersoais/ e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia htpps://sede.xunta.gal
Para isto, deberá proceder do seguinte xeito:
1. Unha vez creada a solicitude de CXT, acceder á páxina web www.edu.xunta.es/datospersoais, premendo no menú Datos persoais
2. Identificarse mediante calquera dos mecanismos permitidos: correo de dominio edu.xunta.gal e contrasinal, Chave 365 ou certificado electrónico.
3. Premer na lapela As miñas instancias (parte esquerda do menú)
4. Seleccionar o tipo de instancia: Instancia de concurso 2024 e premer no botón CREAR NOVA INSTANCIA
5. Unha vez creada a instancia deberá acceder ao menú existente no apartado Resumo de alegacións e formular as alegacións que considere oportunas utilizando o botón Facer alegacións. Neste paso deberá engadir na aplicación con cada alegación o documento xustificativo desta.
6. Logo de finalizar as alegacións, deberá pechar a solicitude e presentala electronicamente mediante a lapela Presentación en sede cuxa ligazón lle permitirá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia. Lembre que a solicitude só estará correctamente presentada cando se lle permita descargar o recibo xustificativo da presentación telemática.
Para calquera aclaración ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto con:
Primaria:
Teléfonos:981 545 495, 881 995 887, 981 544 483
Ou ben a través do correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.es
Secundaria:Teléfonos:
981 545 406, 881 995 891, 981-545445, 981 957910
Ou ben a través do correo electrónico persoal.secundaria@edu.xunta.gal
Poden consultarse tamén máis abaixo a relación de preguntas e respostas máis frecuentes relacionadas coa alegación de méritos do persoal docente.
Relación de preguntas máis frecuentes sobre o procedemento