Convocadas prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao programa PIALE para o ano 2025

Ven, 28/02/2025 - 11:54
Galemundo

Achégase a Orde pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE)

O prazo para a presentación de solicitudes abrangue desde o 3 de marzo ata o 21 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.

 

A solicitude realizarase a través do aplicativo https://www.edu.xunta.gal/piale/