Próxima publicación no Diario Oficial de Galicia da convocatoria da proba para a obtención do título de Bacharel para maiores de vinte anos do ano 2025
Mar, 25/02/2025 - 09:50
Próxima publicación no Diario Oficial de Galicia da Resolución do 21 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de Bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).
O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba será do 6 ao 19 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.
Máis información (ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/ea/obtencion-de-titulos)