Convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e xuño de 2025
Publícase a Resolución do 27 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e xuño, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).
Os prazos de presentación de solicitudes de inscrición nas probas serán:
Para a primeira convocatoria: do 10 ao 21 de febreiro de 2025, ambos os dous incluídos.
Para a segunda convocatoria: do 31 de marzo ao 10 de abril de 2025, ambos os dous incluídos.
Os novos modelos das probas correspondentes aos diferentes ámbitos poden consultarse AQUÍ.
Resolución do 27 de xaneiro de 2025
Resolución do 27 de xaneiro de 2025 (DOG)
Resolución pola que se designan os membros e se fai pública a composición dos tribunais
Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na primeira convocatoria
Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas na primeira convocatoria