Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o 2025
Orde do 26 de decembro de 2024, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025 (códigos de procedemento ED431C, IN607A, ED431B, IN607B, ED431F e IN607D).
Prazo de presentación de solicitudes: do 24.01.2025 ao 24.02.2025
Cal é o obxecto destas axudas?
Axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades:
- Modalidade A: Grupos de referencia competitiva (GRC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.
- Modalidade B: Grupos con potencial de crecemento (GPC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D amosan potencial de crecemento ata converterse en grupos de referencia do sistema de I+D+i galego.
- Modalidade C: Proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente. Axudas para a realización de proxectos de investigación a investigadores ou investigadoras individuais que, contando con traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto. Segundo as características poden presentarse a unha das seguintes modalidades:
- Liña de reforzo da traxectoria investigadora consolidada
- Liña de reforzo de traxectorias emerxentes.
Quen pode solicitar estas axudas?
As universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que presentarán a súa solicitude ante a Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Os organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC e Fundación Pública Galega Biomédica Galicia Sur). No caso dos institutos de investigación sanitaria IDIS, INIBIC, IISGS e dos centros do ámbito do Servizo Galego de Saúde que xestionen as súas actividades de investigación mediante as citadas fundacións, poderán solicitar as axudas da presente convocatoria a través destas entidades. Os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia que presentarán a súa solicitude ante a Gain.
Tipo e intensidade da axuda
Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
Tipo de axuda: axuda a fondo perdido.
Intensidade da axuda: 100 %.
Orzamento total: 29.120.000 euros (o orzamento da Secretaría Xeral de Universidades será de 25.639.000 euros e o da Gain será de 3.481.000 euros)..
Importe das axudas
O importe máximo das axudas concedidas é o seguinte:
- Modalidade A (GRC).
As axudas terán unha duración máxima de 4 anos. O importe total de cada unha das axudas virá determinado por un módulo estrutural anual composto dun fixo de contía máxima de 55.000 e por un módulo variable anual dun máximo de 50.000 € (20.000, 30.000, 50.000 €), acumulable ao anterior, en función dos ingresos anuais medios do grupo nos período comprendido desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2024.
- Modalidade B (GPC).
As axudas serán de aplicación por un período máximo de 3 anualidades. O importe total de cada unha das axudas virá determinado por un módulo estrutural composto dun fixo de contía máxima de 31.500 € en cada anualidade e por un módulo variable anual dun máximo de 10.000 € para aqueles grupos que xa gozaran dunha axuda nesta modalidade desde a convocatoria do 2016 e que non estea activa neste momento e que cumpran determinados requisitos, no período comprendido desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2024, establecidos na Orde.
- Modalidade C (Proxectos de Excelencia)
No caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora consolidada, as axudas serán de aplicación por un período de ata 4 anualidades, mediante o pagamento dunha contía máxima anual de 50.000€.
No caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora emerxente, as axudas serán de aplicación por un período máximo de ata 5 anualidades, mediante o pagamento dunha contía máxima anual de 15.000 € para o ano 2025 e de 25.000€ para os anos 2026, 2027, 2028 e 2029.
A onde acudir?
Para solicitudes presentadas por universidades do SUG:
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica
Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación
San Caetano, s/n 15781Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999541 / 881 995156
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Para as demais entidades solicitantes indicadas (alleas ao SUG):
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación
Rúa de Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 541096 Email: axudas.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal
Orde do 26 de decembro de 2024 (DOG) Extracto da Orde do 26 de decembro de 2024 (DOG) Modelo de memoria solicitude GRC 2025 Modelo de memoria solicitude GPC 2025 Modelo de memoria solicitude proxectos de excelencia 2025 Modelo de certificado universidade GRC 2025 Modelo de certificado universidade GPC 2025 Modelo de certificado universidade proxectos de excelencia 2025