Resolución do 8 de outubro de 2024 pola que se regula a selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario de Galicia para obter a e-certificación de portugués lingua estranxeira (Camões Júnior), curso 2024/2025
Mér, 09/10/2024 - 12:42
Resolución do 8 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa pola que se regula a selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da comunidade autónoma de Galicia para certificar o seu nivel de lingua portuguesa mediante a e-certificación de portugués lingua estranxeira (Camões Júnior) durante o curso 2024/2025.
- O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Portal Educativo http://www.edu.xunta.gal.
Acceso á aplicación para realizar a solicitude: Acceso á aplicación