Convocado o XI Concurso de Traballo por Proxectos para o curso 2024/25
Ven, 04/04/2025 - 10:19
Resolución do 26 de marzo de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se convoca o XI Concurso de Traballo por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar, en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25.
- O prazo de presentación dos traballos remata o día 15 de xullo de 2025.
A solicitude farase a través da aplicación: https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas/