Glogster é unha ferramenta para crear murais educativos.
Esta aplicación da web 2.0 permite crear e compartir na rede os proxectos elaborados polo alumnado.
O alumnado de diferentes centros pode traballar nun proxecto común por medio de esta ferramenta.
O seu manexo e moi sinxelo e unha vez feito o "glog" pódese insertar en calquera outro soporte, como pode ser un blog, wiki ou web.
Ademáis a utilización de Glogster da acceso a incorporar textos ou enlaces a outras web. A grande diferencia con outros programas creadores de carteis é a súa relación co audio e co vídeo, sempre que teñamos micrófono e webcam, respectivamente, poderemos grabar desde glogster.
Por último, ofrece unha grande variedade de estilos de deseño para crear os nosos carteis interactivos e multimedia.
Esta ferramenta está en inglés, e inclúe titoriais e guías de uso.