Gallego

Difúndese nos centros o filme documental "Camino a la escuela"

No mes de xaneiro estreouse nos cines o documental "Camino a la escuela", do director francés Pascal Plisson. Arredor desta produción desenvolveuse un proxecto educativo apoiado pola UNESCO, UNICEF, Obra Social La Caixa, Fundación Atresmedia e Europamundo.

O documental conta a historia real do reto que deben afrontar catro pequenos de países diferentes para poder asistir á escola. Trátase dunha visión diferente do camiño escolar, certamente difícil e perigoso en moitos países do mundo.

 

 

Gallego
Carátula da película

Día Mundial en Recordo das Vítimas dos Accidentes de Tráfico

O 3º domingo de novembro celébrase a xornada de homenaxe ás vítimas dos accidentes de tráfico. Co gallo desta conmemoración, as asociacións e os colectivos cívicos concienciados co ámbito da educación viaria realizan actos públicos para lembrar o forte impacto dos accidentes de tráfico.

Pódese obter máis información sobre estas actividades nas páxinas web destes organismos: World Day of Remembrance for Road Traffic Victims, Stop Accidentes e P(A)T-AP(A)T. Como exemplo podemos seguir as actividades que desenvolverá o Colexio Salesiano María Auxiliadora (Ourense) o vindeiro luns 17.

 

Gallego
PAT-APAT

Tema: 

Sección: 

Guía para a prevención de accidentes no transporte escolar

A Dirección Xeral de Tráfico acaba de poñer ao dispor da comunidade educativa unha "Guía para la prevención de accidentes en el transporte escolar" en formato PDF e mais a través dunha aplicación interactiva. A finalidade deste recurso é dar a coñecer a importancia de desenvolver boas prácticas durante o uso do transporte en autobús que a miúdo utilizan os máis pequenos para acudir ao centro escolar. A guía ofrece algúns datos de interese para o profesorado, que poñen de relevo os datos de maior interese á hora de valorar a incidencia do ámbito do transporte escolar na accidentalidade infantil facendo fincapé na vulnerabilidade do colectivo escolar.

A guía establece tamén, de xeito moi breve, as responsabilidades e as condutas que deben seguir todos os axentes implicados (as familias, os menores, os acompañantes, o docente, o condutor, a policía e a Administración).

Gallego
Al cole sempre seguros

File: 

Tema: 

Sección: 

Disciplinas: 

Proposta didáctica para a película "A pesar de todo, quérote"

Xa está ao dispor da comunidade educativa a proposta didáctica para traballar na aula a película A pesar de todo, quérote. A proposta preséntase en Moodle desde a Aula Abalar acompañada do telefilme, que se ofrece en streaming para a súa emisión gratuíta nos centros de ensino. Esta unidade didáctica arranca cunha pequena introdución técnica sobre o seu funcionamento didáctico e logo ofrece a través de cinco módulos os contidos que se van desenvolver; complétase cos recursos que poden favorecer o labor do profesorado e remata cunha proposta de traballo para afondar na educación viaria como proxecto de centro.

En canto aos contidos, a proposta de traballo que se ofrece centra o seu foco de atención sobre o tratamento da educación en valores, facendo fincapé na educación emocional, na educación viaria e mais na educación para a saúde. A metodoloxía de traballo que se propón é a realización de actividades antes, durante e despois do visionado do filme para afondar logo no desenvolvemento da aprendizaxe. Ao final de cada módulo ofrécese unha tarefa que contribúa ao afianzamento do coñecemento adquirido co espírito do traballo por proxectos. Debido á sensibilidade dos temas que se tratan na película, son as actividades as que van orientando o alumnado para que constrúan pouco a pouco as relacións que existen entre a inmadurez emocional, os factores de risco, as condutas nocivas... a partir das súas sensibilidades, das súas experiencias e dos seus intereses.

Ademais, a unidade aborda o tratamento da linguaxe cinematográfica para achegar o cine como recurso didáctico para comprensión da nosa realidade cotiá e de nós mesmos. A verosimilitude da ficción representada, a idade dos personaxes protagonistas e a actualidade dos temas abordados ofrecen un marco de traballo óptimo para que o alumnado se achegue con curiosidade aos produtos audiovisuais con sentido crítico e mais con interese estético.

A pesar de todo, quérote (2011) foi dirixida por Jorge Algora e cedida pola súa produtora, Adivina Producciones, para o desenvolvemento desta proposta didáctica nos centros de ensino.

Gallego
Secuencia

Colectivo: 

Concursos de curtametraxes e fotografía

A asociación STOP Accidentes, en colaboración con outras entidades, organiza dous concursos de sensibilización viaria: o V Concurso Nacional Reportaje Fotográfico "Peatón no atravieses tu vida" (fin do prazo: 31 de xaneiro de 2014) e o I Concurso Nacional de Cortometrajes de Seguridad Vial 2013 (fin do prazo: 28 de febreiro de 2014).

Pódense descargar as bases na web da asociación.

 

 

 

Gallego
STOP Accidentes

Sección: 

Presentación de "A pesar de todo, quérote" na TVG

O venres 6 de decembro, ás 16.45, estrearase o telefilme A pesar de todo, quérote. Esta produción galega, dirixida por Jorge Algora, trata das consecuencias físicas e emocionais que sofren un grupo de amigos tras sufrir un accidente de tráfico. Catro anos despois do sinistro, as súas vidas seguen a arrastrar as secuelas dun feito que cambiou as súas vidas para sempre.

A película poderase tamén ver de xeito gratuíto nos centros de ensino públicos de Galicia a través da Aula Abalar, que tamén ofrece unha proposta de explotación didáctica para alumnado a partir de 3º da ESO.

 

 

Gallego
Presentación da película na Cidade da Cultura.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Recursos didácticos para a mobilidade infantil na web do CENEAM

No seu sitio web, o Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM) do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente ofrece unha carpeta de recursos didácticos de moi distinto tipo para traballar a mobilidade sostible na infancia.

 

 

Gallego
CENEAM

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

O repositorio de recursos do espazoAbalar supera os 1000 contidos dixitais con traballos e aportacións de docentes de toda Galicia

Coa nova actualización do repositorio de recursos de Abalar alcánzanse os 1006 contidos procedentes, nesta ocasión, dunha selección de premios a contidos dixitais de convocatorias de anos anteriores, traballos de convocatorias PALE na súa fase C de creación de contidos do último ano e anteriores e, sobre todo, de aportacións e suxestións de docentes de toda a Comunidade que, mediante o procedemento aberto de cesión de materiais, fan que este almacén medre mes a mes e responda aos intereses e necesidades de toda a comunidade educativa.

Nesta nova actualización vense de incluír o primeiro contido en lingua alemana, co cal o repositorio filtra na actualidae en seis linguas: galego, castelán, inglés, francés, portugués e alemán.

Novos recursos publicados por orde alfabética:

Finalmente, aquelas persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.(Acceder ao procedemento)

Gallego
Repositorio Abalar

Sección: 

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: 

Datas e datos...en pé de igualdade... e non esquecer o resto do ano

O Concello de Vigo ofrece recursos sobre 12 datas oficias mediante a súa Concellería de Igualdade:

  1. Día da Paz (30 de xaneiro)
  2. Día das Mulleres (8 de marzo)
  3. Día do Consumo Responsable (15 de marzo)
  4. Día Mundial da Saúde (7 de abril)
  5. Día do Libro (23 de abril)
  6. Día da Libertade de Prensa (3 de maio)
  7. Día de Europa (9 de maio)
  8. Día das Letras Galegas (17 de maio)
  9. Día do Medio Ambiente (5 de xuño)
  10. Día contra a Violencia de Xénero (25 de novembro)
  11. Día da Constitución e do Estatuto Galego (6 de decembro)
  12. Día dos Dereitos Humanos (10 de decembro)

O material consiste nun libro impreso e o sitio web: http://www.igualdadevigo.org/datasedatos/  , no que están subidos todos os contidos así como múltiples e variados recursos multimedia: vídeos, contos, documentos, música etc.

Gallego
Concellería de Igualdade do Concello de Vigo

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

"Cando eu nacín" do CPI de Xanceda, Masía (A Coruña) 3º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade B (Introdución das competencias básicas na aula dixital) E. Infantil/Primaria

Sinopse:

Adaptación a formato audiovisual da tradución ó galego do conto portugués "Quando eu nascí" de Isabel Minhos con ilustración de Madalena Matoso (Ed. Planeta Tangerina).

Trátase dun proxecto integrado na área de educación artística que pretende o desenvolvemento das competencias dixitais e artísticas do alumnado.

Nivel: Educación Infantil e Primaria. Área de Educación Artística (Plástica).

Autores:

  • Coordinador: Francisco Ávila Sánchez.
  • Participante: Eva Castro Blanco.

 

 

 

Gallego
"Cando eu nacín"

Sección: 

LOM Media: 

Disciplinas: