Gallego

O repositorio de recursos do espazoAbalar supera os 1000 contidos dixitais con traballos e aportacións de docentes de toda Galicia

Coa nova actualización do repositorio de recursos de Abalar alcánzanse os 1006 contidos procedentes, nesta ocasión, dunha selección de premios a contidos dixitais de convocatorias de anos anteriores, traballos de convocatorias PALE na súa fase C de creación de contidos do último ano e anteriores e, sobre todo, de aportacións e suxestións de docentes de toda a Comunidade que, mediante o procedemento aberto de cesión de materiais, fan que este almacén medre mes a mes e responda aos intereses e necesidades de toda a comunidade educativa.

Nesta nova actualización vense de incluír o primeiro contido en lingua alemana, co cal o repositorio filtra na actualidae en seis linguas: galego, castelán, inglés, francés, portugués e alemán.

Novos recursos publicados por orde alfabética:

Finalmente, aquelas persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.(Acceder ao procedemento)

Gallego
Repositorio Abalar

Sección: 

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: 

Mi música en el cole

Este recurso é un blog creado por Marina C. Tristán e está dedicado a aula de música de primaria. Atoparemos todo tipo de recursos e especialmente destacamos os dedicados á linguaxe musical.

Gallego
Mi música en el cole

Tema: 

Sección: 

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: 

Disciplinas: 

Música Meruelo Weblog

Este blog presenta unha das mellores compilacións de recursos que existen actualmente en España e está creado por María Jesús Camino Rentería

Na páxina atoparemos o traballo das diferentes clases de música na ESO do IES Meruelo, composto por actividades a través de distintos media, titoriais, partituras, teoría musical, musicogramas, mapas conceptuais e todo o necesario para a aula de música.
Este blog recibiu o 2º premio no IV Premio Espiral Edublogs 2010

Gallego
musica meruelo

Tema: 

Sección: 

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: 

Disciplinas: