Gallego

O repositorio de recursos do espazoAbalar supera os 1000 contidos dixitais con traballos e aportacións de docentes de toda Galicia

Coa nova actualización do repositorio de recursos de Abalar alcánzanse os 1006 contidos procedentes, nesta ocasión, dunha selección de premios a contidos dixitais de convocatorias de anos anteriores, traballos de convocatorias PALE na súa fase C de creación de contidos do último ano e anteriores e, sobre todo, de aportacións e suxestións de docentes de toda a Comunidade que, mediante o procedemento aberto de cesión de materiais, fan que este almacén medre mes a mes e responda aos intereses e necesidades de toda a comunidade educativa.

Nesta nova actualización vense de incluír o primeiro contido en lingua alemana, co cal o repositorio filtra na actualidae en seis linguas: galego, castelán, inglés, francés, portugués e alemán.

Novos recursos publicados por orde alfabética:

Finalmente, aquelas persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.(Acceder ao procedemento)

Gallego
Repositorio Abalar

Sección: 

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: 

Antropoque? do IES de Ames, Ames (A Coruña) 2º premio de Innovación educativa 2010 Modalidade B (Introdución das competencias básicas na aula dixital) ESO/Bacharelato

Sinopse:

Proposta de traballo práctico de investigación en Ciencia Humanas, dentro da materia optativa do Bacharelato, a Antropoloxía.

Asumindo o traballo de campo como estratexia metodolóxica iníciase ao alumnado nunha aprendizaxe activa e investigadora usando un aula virtual como espazo de colaboración.

Nivel: Bacharelato.

Autora: Alicia Eva Garea Traba.

Materiais (anexos):

  • Memoria do proxecto.
  • Fases e actividades para a realización dun traballo de campo.
  • Cómo se fai un traballo de campo.
  • A entrevista no traballo de campo.
  • Historias de botellón: un traballo de campo.
  • Historias de botellón: separata.

 

 

Gallego
Antropoque?
Historias de botellón

Ensinanza: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

Disciplinas: 

"CADT. O profesor de tecnoloxía en internet" do IES Concepción Arenal (Ferrol - A Coruña). 1º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade C (Atención á diversidade) ESO e BAC

Sinopse:

CADT, é un sitio en internet que trata de facilitar a tarefa de introducir as competencias básicas na aula de tecnoloxía. O alumnado pode traballar a materia de tecnoloxía en calquera lugar simplemente entrando na web. A mellor maneira de aprender para o alumnado é divirtíndose e CADT tenta que desta maneira se alcancen as competencias básicas. Ademais de fomentar a lectura e o uso das TICs.

Nivel:

Tecnoloxía en ESO e BAC

Autor:

Miguel Carlos de Castro Miguel

Materiais (Anexos):

  1. Memoria do proxecto
  2. Materiais complementarios:
  • Anexo 01: Instrucións para o profesorado
  • Anexo 02: Instrucións para os usuarios

 

Gallego
CADT. O profesor de tecnoloxía en internet

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: 

Glogster

Glogster é unha ferramenta para crear murais educativos.

Esta aplicación da web 2.0  permite crear e compartir na rede os proxectos elaborados polo alumnado.
O alumnado de diferentes centros pode traballar nun proxecto común por medio de esta ferramenta.
O seu manexo e moi sinxelo e unha vez feito o "glog" pódese insertar en calquera outro soporte, como pode ser un blog, wiki ou web.  

Ademáis a utilización de Glogster da acceso a incorporar textos ou enlaces a outras web. A grande diferencia con outros programas creadores de carteis é a súa relación co audio e co vídeo, sempre que teñamos micrófono e webcam, respectivamente, poderemos grabar desde glogster.   
Por último, ofrece unha grande variedade de estilos de deseño para crear os nosos carteis interactivos e multimedia.
Esta ferramenta está en inglés, e inclúe titoriais e guías de uso.

Gallego
glogster

Sección: 

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: 

Disciplinas: 

Musikawa

Musikawa é unha web colaborativa dedicada a distintos temas referidos á educación musical. Está creada e mantida por Zoraida Pérez, Joaquín Revuelta e Antonio J. Calvillo pero todos podemos participar.

Este portal está composto de experiencias, titoriais, recursos, noticias e outra información referida as actividades musicais habituais.
Por outra banda, ofrece a posibilidade a todo aquel que quera  colaborar e compartir as súas experiencias e ou recursos coa comunidade educativa.

Gallego
musikawa

Tema: 

Sección: 

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: 

Disciplinas: 

Música Meruelo Weblog

Este blog presenta unha das mellores compilacións de recursos que existen actualmente en España e está creado por María Jesús Camino Rentería

Na páxina atoparemos o traballo das diferentes clases de música na ESO do IES Meruelo, composto por actividades a través de distintos media, titoriais, partituras, teoría musical, musicogramas, mapas conceptuais e todo o necesario para a aula de música.
Este blog recibiu o 2º premio no IV Premio Espiral Edublogs 2010

Gallego
musica meruelo

Tema: 

Sección: 

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: 

Disciplinas: 

SPORTAQUS

Excelente web de Educación Física do profesor Eduardo Muñoz Uribe, con recursos da materia para alumnos e profesores. Multitude de enlaces de interese deportivo.

Gallego
sportaqus

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: 

Circulando

A educación vial como instrumento de prevención.

Dende a FUNDACIÓN MAPFRE, poñen en marcha en España o programa Circulando: Educando en Valores pola Seguridade Vial", co fin de crear un marco de acción coordinada para fomentar no ámbito escolar e familiar as mellores pautas de seguridade, mobilidade e solidariedade.

Gallego
Circulando

Tema: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: 

Googlefi

Buscador especializado en buscar referencias sobre educación física: descargas, foros, unidades didácticas, oposicións.…

Gallego
Googlefi

Colectivo: 

Sección: 

LOM Contido didáctico: 

Proyecto Citysalud

City Salud é un videoxogo desenvolvido pola Fundación Pfizer para axudar a pais e profesores a inculcar hábitos saudables aos nenos. De todos é coñecido que adquirir estes sans costumes a idades temperás favorece que na idade adulta non se adquiran outras que non sexan tan saudables. E unha das mellores ferramentas para iso é internet, posto que hoxe en día practicamente todos os nenos e adolescentes navegan pola rede a diario.

Gallego
Proyecto Citysalud

Tema: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: