Gallego

O repositorio de recursos do espazoAbalar supera os 1000 contidos dixitais con traballos e aportacións de docentes de toda Galicia

Coa nova actualización do repositorio de recursos de Abalar alcánzanse os 1006 contidos procedentes, nesta ocasión, dunha selección de premios a contidos dixitais de convocatorias de anos anteriores, traballos de convocatorias PALE na súa fase C de creación de contidos do último ano e anteriores e, sobre todo, de aportacións e suxestións de docentes de toda a Comunidade que, mediante o procedemento aberto de cesión de materiais, fan que este almacén medre mes a mes e responda aos intereses e necesidades de toda a comunidade educativa.

Nesta nova actualización vense de incluír o primeiro contido en lingua alemana, co cal o repositorio filtra na actualidae en seis linguas: galego, castelán, inglés, francés, portugués e alemán.

Novos recursos publicados por orde alfabética:

Finalmente, aquelas persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.(Acceder ao procedemento)

Gallego
Repositorio Abalar

Sección: 

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: 

"O encerado dixital na aula CLIL: Imperialism and World War I" do CPI Cernadas de Castro, Lousame (A Coruña) 2º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade a (Fomento do plurilingüismo) E. Secundaria/Bacharelato

Sinopse:

Unidade didáctica de Historia realizada utilizando o software do encerado dixital Smart Board e pensada para unha Sección Bilingüe de inglés de 4º de ESO. A unidade está elaborada segundo a metodoloxía CLIL, e inclúe unha guía do profesor así como diverso material audiovisual.

Autora: Clara Cristela Rodríguez Núñez

Nivel: 4º curso de ESO, Ciencias Sociais, Xeografía e Historia.

Materiais (anexos):

  • Memoria do proxecto
  • Guía do profesor/ Teacher's guide
  • Actividade Notebook: "Imperialism"
  • Presentación: "The Great War" (recoméndase usar PowerPoint 2007)
  • Presentación: "Colonialism" (recoméndase usar PowerPoint 2007)
  • Arquivos de son: "Stalin"
Gallego
The Great World

Sección: 

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: 

"Reclaimed urban landscape" do IES Eduardo Pondal, Santiago de Compostela (A Coruña) 1º premio de Innovación Educativa Modalidade A (Fomento do plurilingüismo) Secundaria/Bacharelato

Sinopse:

Traballo dobre os espazos urbanos recuperados no Concello de Santiago de Compostela:

  • Os Ríos: Sarela e  Sar
  • Os Xardíns: a Granxa do Xesto, a Selva Negra e o Parque da Almáciga
  • Espazos de usos varios:  parque de Vista Alegre e antiga finca Simeón.
  • As Curtidurías
  • As Hortas
  • Os Cultivos
  • As carballeiras

Este traballo é multidisciplinar no que se compaxinan as materias: Xeografía, Bioloxía e Ciencias Medioambientais, Lingua Galega e Lingua Inglesa.

Nivel: 3º ESO e 1º Bacharelato

Autores:

Coordinadora: Rita Amigo Seisdedos

Participantes:

Mercedes Espiño Amil
Margarita Smyth Chamosa
Encarna Otero Cepeda

Materiais (anexos):

  • Memoria do proxecto
Gallego
Reclaimed urban landscape

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

Antropoque? do IES de Ames, Ames (A Coruña) 2º premio de Innovación educativa 2010 Modalidade B (Introdución das competencias básicas na aula dixital) ESO/Bacharelato

Sinopse:

Proposta de traballo práctico de investigación en Ciencia Humanas, dentro da materia optativa do Bacharelato, a Antropoloxía.

Asumindo o traballo de campo como estratexia metodolóxica iníciase ao alumnado nunha aprendizaxe activa e investigadora usando un aula virtual como espazo de colaboración.

Nivel: Bacharelato.

Autora: Alicia Eva Garea Traba.

Materiais (anexos):

  • Memoria do proxecto.
  • Fases e actividades para a realización dun traballo de campo.
  • Cómo se fai un traballo de campo.
  • A entrevista no traballo de campo.
  • Historias de botellón: un traballo de campo.
  • Historias de botellón: separata.

 

 

Gallego
Antropoque?
Historias de botellón

Ensinanza: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

Disciplinas: 

"A Esmorga: percorrido cultural pola cidade de Ourense" do IES Cidade de Antioquía e IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia (Ourense) 2º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade B (Introdución das competencias básicas na aula dixital) ESO/Bacharelato

Sinopse:

Actividade que parte da liña argumental da novela "A Esmorga" de Eduardo Blanco Amor, facendo un percorrido polo Ourense artístico, histórico, mitolóxico, arquitectónico e científico. Esto aporta ao alumnado as ferramentas necesarias para interpretar e coñecer a realidade dunha cidade como Ourense.

Nivel: Bacharelato

Autores:

Coordinador: Víctor Javier Pérez Baltar.

Participantes:

Concepción Rúa González

Tomás García García

Jesús Manuel Vázquez Sánchez

Materiais (anexos):

  • Memoria do proxecto.
  • Tres épocas, tres estilos.
  • Vocabulario artístico.
  • A ruta de "A Esmorga".
  • Mitoloxía en Ourense.
  • Percorrido polo Ourense artístico.
  • Portas e murallas de Ourense.
  • Material para o alumnado
Gallego
"A Esmorga: percorrido cultural pola cidade de Ourense"

Ensinanza: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: 

"Representación coa Tecnoloxía" do IES Paseo das Pontes (A Coruña) 3º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade B (Introducción das competencias básicas na aula dixital) ESO/ Bacharelato

Sinopse:

Experiencia que pretende valorar a importancia das actividades de construción e do emprego das TIC para o desenvolvemento da expresión gráfica, analizando actividades realizados por alumnado de 2º e 3º de ESO na materia de Tecnoloxías no curso 2009/10.

Autora: Mª Paz Freire Campo.

Nivel: 2º e 3º ESO.

Materiais (anexos):

  • Memoria do proxecto.
  • Presentación do proxecto.
  • A importancia da formación tecnolóxica.
  • Representación gráfica, tecnoloxía, TIC e Metodoloxía.
  • Marco da proposta didáctica.
  • Unidade Didáctica: estructuras.
  • Avaliación de resultados.
  • Bibliografía e fontes de información.

 

Gallego
Representación coa Tecnoloxía

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: 

Disciplinas: 

“Proposta de recursos educativos para o alumnado con NEAE. Integración desde a área de EF” do CEIP Portofaro. 1º premio de Innovación educativa 2010 Modalidade C (Atención á diversidade) E. Primaria

Sinopse:

Aplicación práctica de diversos recursos para o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo, en concreto con Necesidades Educativas Especiais. Trata aplicacións prácticas para este alumnado fomentando a integración na comunidade educativa en xeral.

Autores:

Coordinador: Manuel Losada González

Participante: Eduardo Roi Louzán Lema

Nivel: E. Primaria

Materiais (anexos):

  1. Memoria do proxecto.
  2. Materiais complementarios:
    • Memoria fotográfica.
    • Plan de avaliación.
    • Webquest.
    • Actividades EDI.
    • Vídeo explicativo das actividades.
Gallego
Proposta de recursos educativos para o alumnado con NEAE

Ensinanza: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: 

Mixere

Mixere é un mezclador de audio con soporte para todo tipo de formatos e especialmente será de gran utilidade para sesións de música en directo.

Mixere permite, dun xeito moi sinxelo, introducir a calquera persoa na mezcla de audio.
O programa ten unha  interfaz básica na que aparece unha táboa con todas as pistas que podemos cargar simultáneamente e permite cargar en cada unha dlas un ficheiro de audio (WAV, MP3, Ogg ou FLAC) para que logo sexa reproducido.
Poderemos aumentar ou reducir o volume, variar a velocidade, xerar moitos efectos diversos, comor un efecto de “crossfading” entre dúas pistas, facer loops (facer que unha pista se repita indefinidamente), entre outros.
Esta ferramenta está en inglés.

Gallego
Mixere

Colectivo: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: 

Ardour

Ardour é un editor de audio.
Un editor de audio permite recoller un son e transformalo no que queiramos, ofrecendo as posibilidades de cortar, modificar, mezclar  e engadir outros sons.

Ardour é unha estación de traballo de audio dixital ou DAW.
Utilizamos Ardour para grabar, editar e mezclar audio multipistas.
Podemos producir os nosos propios CDs, mezclar pistas sonoras de vídeos ou simplemente expermientar coas túas propias ideas sonoras e musicais.
Con ardour  pódese realizar grabación multicanal, edición non destructiva con undo/redo ilimitado, soporte completo para a automatización, ten un potente mezclador, pistas, buses e plugins ilimitados, sincronización con bases de tiempos e control desde outras superficies hardware.
Ardour é un dos editores de audio más recoñecidos e é un bo equivalente de software libre.

Está ferramenta está en inglés.

Gallego
Ardour

Colectivo: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

Disciplinas: 

Ardour

Ardour é un editor de audio.
Un editor de audio permite recoller un son e transformalo no que queiramos, ofrecendo as posibilidades de cortar, modificar, mezclar  e engadir outros sons.

Ardour é unha estación de traballo de audio dixital ou DAW.
Utilizamos Ardour para grabar, editar e mezclar audio multipistas.
Podemos producir os nosos propios CDs, mezclar pistas sonoras de vídeos ou simplemente expermientar coas túas propias ideas sonoras e musicais.
Con ardour  pódese realizar grabación multicanal, edición non destructiva con undo/redo ilimitado, soporte completo para a automatización, ten un potente mezclador, pistas, buses e plugins ilimitados, sincronización con bases de tiempos e control desde outras superficies hardware.
Ardour é un dos editores de audio más recoñecidos e é un bo equivalente de software libre.

Está ferramenta está en inglés.

Gallego
Ardour

Colectivo: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

Disciplinas: