Gallego

Celébrase en Sevilla o XXIII Simposio Internacional Didáctica das Ciencias Sociais do 27 ao 29 de marzo

O tema central deste encontro é a educación para a participación cidadá e como este feito ten repercusións no plano educativo. Durante un apretado programa que se desenvolverá entre os días 27 e 29 de marzo, interpretarase a relevancia da competencia social e cidadá en relación con todas as áreas do currículo.
As actividades do simposio xiran en torno a tres eixos temáticos:

  1. A situación dos problemas actuais do mundo e como a educación non pode manterse á marxe dos mesmos.
  2. As iniciativas que se están a realizar en relación coa educación para a participación cidadá.
  3. A importancia da formación do profesorado para a ensinanza da participación cidadá.

 

 

Gallego
XXIII Simposio Internacional Didáctica das Ciencias Sociais

Tema: 

Sección: 

"Reclaimed urban landscape" do IES Eduardo Pondal, Santiago de Compostela (A Coruña) 1º premio de Innovación Educativa Modalidade A (Fomento do plurilingüismo) Secundaria/Bacharelato

Sinopse:

Traballo dobre os espazos urbanos recuperados no Concello de Santiago de Compostela:

  • Os Ríos: Sarela e  Sar
  • Os Xardíns: a Granxa do Xesto, a Selva Negra e o Parque da Almáciga
  • Espazos de usos varios:  parque de Vista Alegre e antiga finca Simeón.
  • As Curtidurías
  • As Hortas
  • Os Cultivos
  • As carballeiras

Este traballo é multidisciplinar no que se compaxinan as materias: Xeografía, Bioloxía e Ciencias Medioambientais, Lingua Galega e Lingua Inglesa.

Nivel: 3º ESO e 1º Bacharelato

Autores:

Coordinadora: Rita Amigo Seisdedos

Participantes:

Mercedes Espiño Amil
Margarita Smyth Chamosa
Encarna Otero Cepeda

Materiais (anexos):

  • Memoria do proxecto
Gallego
Reclaimed urban landscape

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

"Escoita, Olla, Captura: O Castelo de San Felipe" do CPI de Atio (A Coruña) e do IES Canido, Ferrol (A Coruña) 2º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade B (Introdución das competencias básicas na aula dixital) ESO/ Bacharelato

Sinopse:

Un xeito innovador de descubrir o patrimonio histórico da contorna empregando dispositivos móbiles.

Trátase dunha actividade para a visita do Castelo de San Felipe en Ferrol. O alumnado, aínda que supervisado polo profesor, móvese polo Castelo, coa axuda de audioguías que descargan previamente nos seus móbiles ou mp3 e cun plano mudo. Foméntase así a súa capacidade de observación, a interrelación entre a realidade e a cartografía, e a autonomía na aprendizaxe. Resulta novedoso a utilización da tecnoloxía do seu ocio para realizar a actividade, resultando así máis cercana e motivadora.

Nivel: ESO/Bacharelato

Autores:

  • Coordinador: Alberte Xosé Méndez López.
  • Participante: Mª del Carmen Cuesta García.

Materiais:

  • Memoria do proxecto.
  • Plano da Web.
  • Instrucións de uso da Web.

                                               

 

Gallego
"Escoita, Olla, Captura: O Castelo de San Felipe"

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: 

"Proposta didáctica na área de CCSS para alumnado con NEE asociadas a discapacidade auditiva" do CEE Nosa Señora do Rosario (A Coruña). 2º premio Modalidade C (Atención á diversidade) ESO e BAC

Sinopse:

Desenvolvemento de estratexias metodolóxicas,recursos e actividades na Área de Ciencias Sociais na ESO, co obxecto de dar resposta ás NEE do alumnado derivadas da súa discapacidade sensorial auditiva e/ou con outros déficits asociados.

Nivel:

Área de Ciencias Socias na ESO

Autor:

Daniel Emilio García Sánchez

Materiais (Anexos):

  1. Memoria do Proxecto
  2. Materiais complementarios:
  • Actividades grupais
  • Actividades interactivas
  • Exemplificacións de unidades didácticas
  • Linguaxe dactilolóxica

 

Gallego
Proxecto do CEE Nosa Señora do Rosario (A Coruña)

Sección: 

LOM Contido didáctico: