Gallego

Día de educación física na rúa

Baixo o lema “Estilo de Vida Activo para tod@s e para sempre” reúnense o día da educación física na rúa a estudantado, profesorado e voluntariado de toda España facéndoos protagonistas nas prazas e rúas dos pobos e cidades

A promoción e a divulgación corre a cargo do Consejo COLEF e os Colexios Profesionais da Educación Física e o Deporte autonómicos, e que asesorarán aos centros e docentes que desexen participar.

O DEFR é un día moi motivador para o alumnado integrando aprendizaxes de diversas áreas, desenvolvendo todas as capacidades físicas, psíquicas e sociais e amosando as competencias adquiridas. É unha actividade a custo cero para o centro e o alumnado, e os beneficios sociais, son cuantiosos, se se consegue frear a maior epidemia do século XXI, a obesidade.

Máis información

https://colefgalicia.com/dia-da-educacion-fisica-na-rua-2020/

Gallego
Día de educación física na rúa

Sección: 

Disciplinas: 

Organiza a túa carreira Gotas para Níxer

Descrición

Cada ano, en datas próximas ao Día da Auga (22 de marzo) os centros enredados organizan carreiras solidarias para apoiar os programas de supervivencia infantil en Níxer.

As carreiras da auga permiten aos centros docentes organizar un evento deportivo-solidario que une alumnado, docentes e familias para acadar un obxectivo común: a mellora da supervivencia infantil en Níxer.

Todos os centros docentes están invitados a participar. A inscrición e os materiais que se ofrecen son gratuítos. Cada centro pode personalizar a actividade como crea oportuno. O fundamental é que os participantes entendan e valoren a achega que poden facer no logro dos dereitos dos nenos e nenas de todo o mundo.

Todos os centros participantes serán recoñecidos como Centro Colaborador de Campaña Gotas para Níxer.

Gallego
Organiza a túa carreira Gotas para Níxer

Sección: 

"Escoita, Olla, Captura: O Castelo de San Felipe" do CPI de Atio (A Coruña) e do IES Canido, Ferrol (A Coruña) 2º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade B (Introdución das competencias básicas na aula dixital) ESO/ Bacharelato

Sinopse:

Un xeito innovador de descubrir o patrimonio histórico da contorna empregando dispositivos móbiles.

Trátase dunha actividade para a visita do Castelo de San Felipe en Ferrol. O alumnado, aínda que supervisado polo profesor, móvese polo Castelo, coa axuda de audioguías que descargan previamente nos seus móbiles ou mp3 e cun plano mudo. Foméntase así a súa capacidade de observación, a interrelación entre a realidade e a cartografía, e a autonomía na aprendizaxe. Resulta novedoso a utilización da tecnoloxía do seu ocio para realizar a actividade, resultando así máis cercana e motivadora.

Nivel: ESO/Bacharelato

Autores:

  • Coordinador: Alberte Xosé Méndez López.
  • Participante: Mª del Carmen Cuesta García.

Materiais:

  • Memoria do proxecto.
  • Plano da Web.
  • Instrucións de uso da Web.

                                               

 

Gallego
"Escoita, Olla, Captura: O Castelo de San Felipe"

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: 

“Proposta de recursos educativos para o alumnado con NEAE. Integración desde a área de EF” do CEIP Portofaro. 1º premio de Innovación educativa 2010 Modalidade C (Atención á diversidade) E. Primaria

Sinopse:

Aplicación práctica de diversos recursos para o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo, en concreto con Necesidades Educativas Especiais. Trata aplicacións prácticas para este alumnado fomentando a integración na comunidade educativa en xeral.

Autores:

Coordinador: Manuel Losada González

Participante: Eduardo Roi Louzán Lema

Nivel: E. Primaria

Materiais (anexos):

  1. Memoria do proxecto.
  2. Materiais complementarios:
    • Memoria fotográfica.
    • Plan de avaliación.
    • Webquest.
    • Actividades EDI.
    • Vídeo explicativo das actividades.
Gallego
Proposta de recursos educativos para o alumnado con NEAE

Ensinanza: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: 

ElG Magic

O software permite realizar cálculos e gráficas de moitos dos problemas relacionados con cinemática, especificamente cinco tipos de movementos: - Movemento Rectilíneo Uniforme (M.R.U.) - Movemento Rectilíneo Uniformemente Acelerado (M.R.U.A.) - Tiro Vertical - Tiro Oblicuo - Tiro Horizontal.  En  cada un deles pódese resolver incógnitas, realizar gráficas detalladas e asignar valores a todos os datos implicados nos cálculos (espazo, tempo, velocidade e altura). O programa trae un manual de funcionamento na sección "Axuda".

Gallego
ElG Magic

Colectivo: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: