Gallego

"Dairas" do IES Manuel García Barros, A Estrada (Pontevedra) 1º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade B (Introdución das competencias básicas na aula dixital) ESO/Bacharelato

Sinopse:

Dairas, unha curtametraxe de animación stop-motion, pretende unha reflexión á realidade de miles de persoas que padecen as consecuencia das guerras, das disputas dos territorios. Conta a crúa realidade dun campamento de refuxiados, guiados por un personaxe principal, Ahmed.

As ferramentas utilizadas son a fotografia, a modelado de plastilina, a música... pero a mellor ferramenta foi o factor humano, a ilusión e dedicación do alumnado.

A historia céntrase nos conflitos bélicos dos saharauis. Os refuxiados vense reflectidos no personaxe de Ahmed, un rapaz que guía ós seus compañeiros cara a un futuro mellor. O nome vén de Daira, (الدائرة en árabe), son pequenos poboados onde habitan os refuxiados saharauis, os núcleos de varias dairas denomínanse wilayas.

O exército, a guerra, os campamentos, a vida cotiá, a casa, a alimentación, o papel da muller, os libros, a importancia e o dereito á cultura. Todos estos temas transcorren en maior ou menor medida polas imaxes que se amosan en pantalla.

 

Nivel:

ESO e Bacharelato.

Autores:

  • Coordinador: Miguel Ángel Carbajal
  • Participantes:

- Xoán Xosé Pérez Viéitez
-Álvaro Pérez Mariño
-Mª José Varela Frade

Materiais (anexos):

  • Memoria do proxecto.
  • a curtametraxe (duración: 23 minutos).
  • Vídeos de exercicios previos dos alumnos:

• -Abel Carbajal: Gato, Monstruo, El Hospital.
• -Ariadna Silva: A Historia de Luis.
• -Laura Carrillo: Lullabye.
• -Marta Rodríguez: Parchís.
• -Alex Vede: Playmobil War.

  • Vídeos del “Cómo se fixo” (Making Off):

“Dairas e a TVG”. Vídeo realizado o 31/10/2010. Visita da TVG ao Centro. Historia do taller de Creación Artística do MGB. Exposición do proxecto. Argumento de "Dairas". Imaxes cos primeiros traballos: area, croma key, plastilina. Explicación da utilización das novas tecnoloxías en Dairas (Aula Virtual, Blog, Vídeo, etc.).
Vídeo realizado o 19/01/2009. Banco de son. Modelaxe das jaimas.
Vídeo realizado o 20/01/2010. Curso de Jose Miguel (Veru). Os pioneiros nas técnicas do stop-motion. Técnicas. Exemplos. Esqueletes profesionais. Efectos, programas a utilizar. Xasón e os argonautas.
Vídeo realizado o 02/03/2010. Un pouco de cabeza. Modelando a plastilina. Realización da maqueta da escola. Bancos da escola. As camas do hospital. Unha jaima por dentro. Tellados e porta das jaimas. Traballo con plastilina, creación de personaxes. Taller de montaxe de vídeo: efectos (fume a medida).
Vídeo da gravación dos “Dereitos humanos”. Grabación cunha alumna marroquí do Centro da Declaracion Universal dos Dereitos Humanos en árabe (4/05/2010).

  • Vídeos das colaboracións:

Vídeo co poeta Manuel Pereira. Recitado do poema “Todo morte”.
Vídeo da gravación do tenor Cesáreo Torres. Auditorio municipal de Vila de Cruces, abril de 2010. Cesáreo Torres (tenor) e Fátima Blanco (piano, alumna do centro), interpretan un lied de Shubert.
Vídeo dos ensaios na Aula de Música das voces do MGB. Abril de 2010.
Vídeo da gravación nos estudios Phonos de A Estrada, das voces do MG.

  • Galería de fotografías:

• “Dairas e a TVG”: reportaxe fotográfica da visita da TVG ao centro, que inclúe moitos momentos do “Como se fixo”.
• “Selecta de imaxes da película”: selección das mellores fotografías incluídas na película, cunha pequena animación e banda sonora.
• “Imaxes do blog”: recompilación das imaxes que ilustran as entradas.
“Dairas”, galería de imaxes: selección de imaxes animadas en vídeo que funcionou nun primeiro momento como o avance da mesma.

  • Vídeo do "Avance" da película:

“Trailer” definitivo, cunha duración aproximada dun minuto.


Gallego
Dairas

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: 

"Escoita, Olla, Captura: O Castelo de San Felipe" do CPI de Atio (A Coruña) e do IES Canido, Ferrol (A Coruña) 2º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade B (Introdución das competencias básicas na aula dixital) ESO/ Bacharelato

Sinopse:

Un xeito innovador de descubrir o patrimonio histórico da contorna empregando dispositivos móbiles.

Trátase dunha actividade para a visita do Castelo de San Felipe en Ferrol. O alumnado, aínda que supervisado polo profesor, móvese polo Castelo, coa axuda de audioguías que descargan previamente nos seus móbiles ou mp3 e cun plano mudo. Foméntase así a súa capacidade de observación, a interrelación entre a realidade e a cartografía, e a autonomía na aprendizaxe. Resulta novedoso a utilización da tecnoloxía do seu ocio para realizar a actividade, resultando así máis cercana e motivadora.

Nivel: ESO/Bacharelato

Autores:

  • Coordinador: Alberte Xosé Méndez López.
  • Participante: Mª del Carmen Cuesta García.

Materiais:

  • Memoria do proxecto.
  • Plano da Web.
  • Instrucións de uso da Web.

                                               

 

Gallego
"Escoita, Olla, Captura: O Castelo de San Felipe"

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: 

“Proposta de recursos educativos para o alumnado con NEAE. Integración desde a área de EF” do CEIP Portofaro. 1º premio de Innovación educativa 2010 Modalidade C (Atención á diversidade) E. Primaria

Sinopse:

Aplicación práctica de diversos recursos para o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo, en concreto con Necesidades Educativas Especiais. Trata aplicacións prácticas para este alumnado fomentando a integración na comunidade educativa en xeral.

Autores:

Coordinador: Manuel Losada González

Participante: Eduardo Roi Louzán Lema

Nivel: E. Primaria

Materiais (anexos):

  1. Memoria do proxecto.
  2. Materiais complementarios:
    • Memoria fotográfica.
    • Plan de avaliación.
    • Webquest.
    • Actividades EDI.
    • Vídeo explicativo das actividades.
Gallego
Proposta de recursos educativos para o alumnado con NEAE

Ensinanza: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: