Título node Learning object
Día Mundial en Recordo das Vítimas dos Accidentes de Tráfico
Mar, 11/11/2014 - 11:21
O 3º domingo de novembro celébrase a xornada de homenaxe ás vítimas dos accidentes de tráfico. Co gallo desta conmemoración, as asociacións e os colectivos cívicos concienciados co ámbito da educación viaria realizan actos públicos para lembrar o forte impacto dos accidentes de tráfico.
Pódese obter máis información sobre estas actividades nas páxinas web destes organismos: World Day of Remembrance for Road Traffic Victims, Stop Accidentes e P(A)T-AP(A)T. Como exemplo podemos seguir as actividades que desenvolverá o Colexio Salesiano María Auxiliadora (Ourense) o vindeiro luns 17.