Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

Recreos: zonas por curso e normativa a seguir

Cada curso terá unha zona restrinxida para o seu tempo de lecer, que deberá respectar e manter en todo momento a distancia recomendada de 1,5 metros.

Poderase ir á cafetería e ao aseo, esperando á súa quenda no exterior, en ringleira.

Horarios do curso 2020-21

Xúntanse os horarios dos grupos de diúrno e adultos para este curso 2020/21.

CORRIXIRONSE OS ERROS EN 3º ESO A e 4º ESO D.

CORRIXIDO ERRO EN 1º BAC A

Equipo COVID IES Santa Irene

O equipo COVID do IES Santa Irene está formado por:

Patricia Mena Piñeiro (directora). Coordinadora do equipo COVID
Inma Peniza González (vicedirectora)
Francisco García Sanz (secretario)

No documento adxunto poderedes atopar as canles de comunicación e algúns aspectos recollidos no Protocolo vixente de adaptación ao contexto da COVID19. O teléfono 608567193 admite chamadas e whatsapp.

Zonas e horas de entrada para o alumnado

No arquivo adxunto podedes atopar información sobre as zonas polas que cada grupo debe entrar, en función da aula na que teña clase.

Rógase moita paciencia e respectar ao máximo as distancias de seguridade.

Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Ata o 30 de setembro está aberto o prazo para solicitar becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

No enlace podedes acceder á paxina web do ministerio onde atoparedes máis información e o acceso online para a súa tramitación. Tamén é posible tramitalo a través do centro.

Enlace á web do ministerio

 

Inicio de clases e horarios para o curso 2020-2021

As clases darán comezo o luns 28 de setembro para todo o alumnado do centro.

Confirmada a autorización da inspección educativa, comunicamos que, debido á situación excepcional e á aplicación dos protocolos sanitarios establecidos polas consellerías de Sanidade e Educación, os horarios para este curso serán:

ESO e 1º de bacharelato diurno:
     LUNS E MÉRCORES: De 8:30 a 15:00 horas
     MARTES, XOVES E VENRES: De 8:45 a 14:25

Xornadas de presentación curso 2020-2021

Nos arquivos adxuntos podedes consultar os horarios e días das presentacións do curso 2020-2021, así como as listaxes dos cursos e grupos.

Debido a situación sanitaria, rogamos non acudir con moita antelación para evitar aglomeracións. O alumnado debe permanecer no exterior do edificio mantendo as distancias de seguridade.

Detectado erro nun libro de texto

Detectado erro no ISBN do libro de 1º de bacharelato da materia "Historia do mundo contemporáneo".

Xa está correxido e actualizado no documento da páxina web.

Disculpen as molestias.

Documentación COVID para as familias

Nos documentos adxuntos atoparán unha autoenquisa que todo o alumnado debe realizar diariamente antes de ir ao instituto e a declaración responsable que todas as familias (ou alumnado maior de idade) deben asinar e entregar ao seu titor ou titora a primeira semana de clase.

Non hai que comunicar a enquisa ao centro, agás no caso de presentar algún síntoma. 

Diante da aparición de polo menos un dos síntomas, os proxenitores ou titores solicitarán consulta co seu médico ou pediatra e non enviarán ao alumno/a á clase.

Guía volta segura ás aulas

A Xunta de Galicia editou esta guía para clarexar algúns aspectos relativos ao inicio deste curso.



by Dr. Radut