Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

Vacacións Nadal

A Xefatura Territorial de Educación autorizou ao IES Santa Irene adiar o reinicio de curso tralas vacacións de Nadal para o luns 11 de xaneiro, con motivo das obras que se están levando a cabo no centro.

Polo tanto, as vacacións comezan o día 23 de decembro (último día de clase, 22 de decembro) e rematan o 10 de xaneiro (primeiro día de clase, 11 de xaneiro).

Aproveitamos para desexar a toda á comunidade educativa unhas Felices Festas.

Atención ao público durante as vacacións de Nadal

Durante as vacacións de Nadal o centro estará aberto os días 23, 28 e 29 de decembro e o 4 de xaneiro, en horario de mañá, de 10:00 a 12:30 horas.

Durante este período, por motivo das obras, non haberá atención ao público en secretaría.

As solicitudes de tipo administrativo faranse por correo electrónico e resolveranse cando sexa posible.

Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas para o reparto de máscaras entre o alumnado

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicouse no taboleiro de anuncios situado no interior do instituto a listaxe provisional de solicitudes concedidas e excluídas, indicando a causa de exclusión.

O prazo de reclamación é de dous días hábiles a partires do día seguinte ao da súa publicación, é dicir, mércores 2 e xoves 3 de decembro.

Distribución de máscaras entre o alumnado

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade facilitará a entrega de máscaras para o alumnado matriculado nos niveis de ensino obrigatorio e educación especial (ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado (...)DOG 13 de novembro).

Beneficiarios

1. Alumnado que xa é beneficiarios da axuda para adquirir material escolar no curso 20/21 (non necesita facer solicitude)
2. Alumnado que non foi beneficiario da axuda para material escolar por diferentes circunstancias, pero:
    a) Pertence a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
    b) Está matriculado en educación especial, suxeito a tutela da Xunta de Galicia ou ten unha
        discapacidade igual ou superior ao 65%.

Calendario de exames de pendentes

Publicamos as datas de entrega de traballos e dos exames parciais e finais das materias pendentes.

Ante calquera dúbida, preguntade aos xefes/as de departamento.

Titorías 2020-21

 

No documento adxunto figuran os correos electrónicos dos titores e titoras dos diferentes grupos, para que os pais, nais ou titores legais do alumno/a podan solicitar cita (por protocolo COVID preferentemente telefónica).

COVID - Titorías coas familias (determinación dos xeitos de realizar titorías coas familias):

- As reunións dos pais/nais co titor/a ou outro profesor/a serán solicitadas previamente polas canles habituais: correo electrónico, teléfono ou a través do alumno/a.

Anulación das reunións iniciais coas familias

A Xunta de Galicia ven de decretar o nivel 2 para toda a comunidade autónoma, limitando as reunións a un máximo de 5 persoas. Ante as dificultades organizativas que isto supón, quedan anuladas as reunións co titor/a do grupo.

Trataremos de manter o contacto coas familias a pesares da difícil situación que estamos a vivir. Lembramos que poden comunicarse co centro a través do correo electrónico (ies.santairene@edu.xunta.gal) ou vía telefónica (986233799 ou 986231162; para asuntos relacionados coa COVID, tamén poden utilizar chamadas ou whatsapp ao 608567193).

 

Plan de continxencia do IES Santa Irene

No documento adxunto recollemos o Plan de Continxencia do IES Santa Irene, no que se establecen os procesos para o reinicio da actividade académica presencial no caso de que se teña interrompido a actividade lectiva como consecuencia da aparición dun abrocho que supoña o cese da actividade presencial nunha aula, etapa educativa ou centro.

Plan de adaptación á situación COVID do IES Santa Irene

No documento adxunto poderase consultar as medidas preventivas, colectivas e individuais adoptadas no IES para lograr un centro seguro e reducir, na medida das nosas posibilidades, o risco de contaxio da COVID19.

É un documento en permanente revisión, e será modificado en función das instrucións que recibamos das autoridades educativas e sanitarias, así como da experiencia que vaiamos tendo na súa aplicación diaria.

Días non lectivos curso 2020/2021

Trala celebración do Consello Escolar, acordouse solicitar como días NON LECTIVOS para este curso o 2 de novembro e o 18 de maio.



by Dr. Radut