Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

Comunicado ás familias

A dirección do IES Santa Irene ponse en contacto coas familias para informalas sobre o inicio de curso.

 

Cambio nos horarios

Debido á situación de pandemia e para cumprir os protocolos de seguridade houbo que reducir o número de alumnos en cada grupo. Este feito fixo necesario aumentar un grupo en cada nivel da ESO e dous grupos en cada nivel en Bacharelato. A carencia de espazos físicos para o aumento de grupos fai que sexa necesario facer unha quenda de tarde, que cursará, salvo novas instrucións,  o alumnado de 2º de Bacharelato.

Datas e horarios de matrícula en setembro para o curso 2020-21 - ADULTOS

O prazo de formalización da matrícula na quenda de adultos é do 1 ao 11 de setembro, tanto na ESA como en Bacharelato.

O alumnado que concorreu ás probas libres da ESA pode matricularse con posterioridade.

Datas e horarios de matrícula en setembro para o curso 2020-21 - DIÚRNO

As datas para a formalización da matrícula para o curso 2020-21 do alumnado que non se matriculou en xullo serán as seguintes, en horario de 9:00 a 14:00 horas

DIÚRNO
- Alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO: luns 7 de setembro 

- Alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de bacharelato: martes 8 de setembro

Probas avaliación inicial da ESA setembro 2020

As probas de avaliación inicial da ESA para as persoas sen requisitos académicos que desexen matricularse por primeira vez, terán lugar:

 DÍA: xoves  17 de setembro 2020

 HORA: 18:30

Comezo de curso

Estimadas familias, sabemos do seu lóxico interese por coñecer que día vai comezar o curso, pero ante o novo protocolo publicado pola consellería de Educación o luns 31 de agosto que esixe remodelación de grupos e á espera das instrucións que prevén publicar o día 7, ainda non podemos concretar os días e horas por curso. En calquera caso, nunca será antes do 16 de setembro.

En canto saibamos como e cando se vai producir esta incorporación, publicarémolo a traves desta páxina web.

Instrucións taxas título bacharel e ABAU - SETEMBRO 2020

Nos documentos adxuntos podedes descargar as instrucións a seguir e a documentación necesaria para a expedición do título de Bacharelato e para formalizar a matrícula nas probas ABAU. O día para realizar o pagamento das taxas é o xoves 3 de setembro. Unha vez realizado o pagamento e cuberto o impreso de matrícula da ABAU estregaranse as copias correspondentes na secretaría do instituto o venres 4 de setembro, en horario de 9:00 a 13:00.

Probas libres ESA setembro 2020

Luns 7 de setembro

Lugar do exame: IES República Oriental do Uruguai. Rúa Coutadas 54 Vigo. Tfno: 886120490

  • 9:00 Chamamento
  • 9:30 - 12:00 Ámbito Científico Tecnolóxico
  • 12:15 - 13:15 Ámbito Social
  • 16:00 - 19:00 Ámbito Comunicación

Datas publicación cualificacións

  • Provisional: 14 setembro
  • Definitiva: 22 setembro

Convocadas as Becas de estudo do Ministerio de Educación para o curso 20/21

Desde o 9 de agosto e ata o 1 de outubro está aberto o prazo para solicitar becas e axudas para o estudo que covoca o Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Para máis información, podedes visitar a páxina do Ministerio da que facilitamos o enlace.

Enlace 

Convocatoria de premios extraordinarios da ESO

O día 24 de xullo, publicouse no DOG a Orde do 13 de xullo de 2020 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20.

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Prazo de presentación: ABERTO

27/07/2020 - 21/08/2020



by Dr. Radut