Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

Premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico

O 4 de xuño publicouse no DOG a ORDE do 25 de maio de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020-2021 (código de procedemento ED311D).

Pódese acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Como as persoas solicitantes son menores de idade, sempre teñen que subscribir a súa solicitude por medio do pai, nai ou titor legal.

Calendario fin de curso ESO, ESA e 1º Bacharelato diúrno e adultos

Publicamos nos ficheiros adxuntos os calendarios de fin de curso para as ensinanzas de ESO, ESA e Bacharelato de diúrno e adultos: último día de clsae, entrega de notas e revisión de exames co profesorado e datas de matrícula.

No calendario da ESA II e ESA IV tamén se publican as datas de exames dos distintos módulos.

Cualificacións provisionais da proba libre para a obtención do título de ESO

Desde hoxe pódense consultar na páxina web da consellería de Educación os resultados provisionais das probas para a obtención do título de ESO para maiores de 18 anos.
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238

Poderanse consultar tamén de forma presencial na secretaría do IES, previa identificación con DNI ou NIE.

Ábrese o prazo de reclamacións, que abrangue desde o venres día 4 ata o xoves 10 de xuño. 

As cualificacións definitivas publicaranse a partir do día 11de xuño.

A admisión a ciclos formativos de Formación Profesional 2023-2024

      Informamosvos que xa está publicado os prazos de admisión para 

      - Formación Profesional Réxime Ordinario e Réxime para persoas Adultas:

               Presentacion de solicitudes: 23 xuño as 9.00h. ao 5 xullo as 13.00h.

Ponderacións ABAU

No DOG do 26 de maio de 2021 saiu publicada a RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2021 pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2021/22. Xúntase extracto coas táboas de parámetros de ponderación das diferentes de materias.

Xornadas de Portas Abertas na Universidade de Vigo. 24 e 25 maio 2021

Hoxe luns 24 e mañá martes 25 de maio terán lugar a partir das 16:00 h e en formato virtual (a través do Campus Remoto) as Xornadas de Portas Abertas da Universidade de Vigo. Nelas, o alumnado terá a oportunidade de escoitar a responsables das facultades e escolas da UVigo explicando as principais características das titulacións ofertadas para o curso 21-22.

Horario de exames de 2º Bacharelato Convocatoria Extraordinaria DIÚRNO e ADULTOS

Unha vez feita a avaliación ordinaria de 2º de Bacharelato de DIÚRNO e ADULTOS; así como a avaliación de materias pendentes de 1º BAC para alumnos de DIÚRNO; e a de materias de 1º BAC para alumnado de ADULTOS. Publicamos o calendario de exames da CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2º BAC que serán do luns 14 de xuño ao venres 18 de xuño.

NOTA: Consultar tamén o archivo adxunto do Calendario Fin de Curso 2º BAC onde tedes a información completa de fin de curso de 2º BAC (publicado o 19/4/2021).

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar 2021/22

A día de hoxe, 20 de maio de 2021, publicouse no Diario Oficial de Galicia a orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

Día non lectivo

Lembramos a toda a comunidade educativa que o martes 18 de maio non haberá clase por ser un dos días escolidos polo centro como non lectivos.

Vémonos o mércores 19!

Instrucións ABAU

Presentación realizada pola profesora Ana Díaz no centro sobre as probas ABAU: matrícula, desenvolvemento, calendario, acceso á universidade...



by Dr. Radut