Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

Probas libres ESO: novas datas e formulario de inscrición

Segundo recolle a Resolución do 4 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, as novas datas de celebración e prazos de matrícula para o desenvolvemento das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria son os seguintes:

Listaxes provisionais de persoas admitidas para o curso 2020/2021

Con data de hoxe, 8 de xuño, publícase a listaxe provisional de admisión, que poderá consultarse no taboleiro do instituto. O prazo de reclamacións é de 3 días hábiles a partir do día seguinte ó da súa publicación. A listaxe definitiva publicarase antes do 26 de xuño.

En 1º de ESO foron admitidas todas as solicitudes presentadas; en 2º e 3º non había prazas, polo que non houbo ningunha admisión; as listaxes de 4º de ESO, 1º e 2º de bacharelato están publicadas no centro.

Instrucións para Matrícula ABAU e expedición do Título de Bacharel

Nos documentos adxuntos podedes descargar as instrucións a seguir para a expedición do título de Bacharel e para formalizar a matrícula nas probas ABAU. Preferiblemente, este ano farase de forma telemática; poderase igualmente realizar de forma presencial na secretaría do centro, de 9 a 14 horas, entre os días 10 e 17 de xuño. Neste caso, haberá que manter as distancias de seguridade e respectar o aforo de secretaría que é de 2 persoas.

Calendario fin de curso 2º Bacharelato

Xúntase o calendario de final de curso 2019/20 para 2º de BACHARELATO, convocatoria ordinaria. Inclúe datas de entrega de notas, prazos de revisión de exames e reclamacións de cualificacións e outras novas importantes.

Impreso para reclamación no ficheiro adxunto.

Sesións semanais #ConectaCoSIE alumnado 2º bacharelato

Todos os xoves de 11.00 a 13.00 h. podedes conectar coas sesións de videochat para preguntar:

                            - Cuestións adminitrativas e dudas sobre ABAU, matrícula...

                                                         Para acceder clica na imaxe:

Novas datas para a celebración das probas de acceso a ciclos

A Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, recolle as medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo.

As datas de celebración serán os días 10 (grao medio) e 11 (grao superior) de xuño. No enlace podes acceder a toda a información.

Libros Biblioteca. Devolución

O alumnado que teña libros da Biblioteca no seu domicilio, deberá devolvelos antes de final de curso. En algún momento que veña ao instituto, comunicarao en conserxería para que avisen a algún membro do equipo directivo.

Calendario fin de curso 2º de bacharelato. Diúrno e adultos. Convocatoria Ordinaria.

Xúntase o calendario de final de curso 2019/20 para 2º de BACHARELATO, para diúrno e adultos, convocatoria ordinaria.

Reanudación das clases presenciais (voluntarias) de 2º bacharelato

Segundo instrucións da Consellería de Educación publicadas hoxe venres,  a partir do luns 25 de maio reanúdanse as clases presenciais de 2º de bacharelato, sempre de forma voluntaria para o alumnado. Nestas clases realizarase resolución de dúbidas do traballo realizado durante o terceiro trimestre. Non son clases de preparación das probas ABAU

O luns 25 manterase o horario habitual de clases. O alumnado que acuda ao centro non poderá abandoalo ata o final da xornada (Normas de Organización e Funcionamento do centro).

Publicada a convocatoria de Fondo Solidario de libros de Texto

O día 19 de maio de 2020 sae publicada no DOG a Orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21.



by Dr. Radut