Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
O futuro comeza con Matrícula de Honor
Parabéns ás tres mozas e un mozo que co seu esforzo foron quen de superar todos os obstáculos e levan o noso recoñecemento en forma de nota, aquela que os distingue por riba de toda media posible. Desexámosvos que sigades brillando con esa luz propia nun firmamento rutilante. Non deixedes nunca de perseguir os vosos soños! Estela Fidalgo Garra Laura Sofía Machado González Andrés Eduardo Machado González Mª José Presas Gimbutis
Non esquecemos darlle os parabéns a toda a xeración 2009-2015 que rematan os seus estudos no IES Laxeiro. Foi un pracer compartir aulas convosco todos estes anos. Que vos vaia bonito!!!
O noso Renacuajo fallou! pero non importa, pasámolo ben...O pasado venres 24 de abril, fomos participar ao I Concurso de Robótica a Escola de Enxeñería Industrial en Vigo. Levábamos dous Robots Sigue Líneas que funcionaban moi ben... Decidimos que participara o Renacuajo e debeulle temblar as pernas... na última recta parouse! De todos xeitos íamos ser terceiro ou cuarto, no caso mais favorable... Os rivais foron dignos. Aprendemos que o importante é participar! Pasar, pasámolo ben, outra vez será!
...mirade o vídeo!
...e mirade as fotos!
Ler mais: Faro de Vigo - Noticia
Nos nosos corazóns
RAQUEL CUIÑA PÉREZ A Comunidade Educativa do IES LAXEIRO Na túa lembranza
O soño vai rubindo polas veas do arbre unha vida enteira que pasa ate facerse paxaro nunha ponla un paxaro que recorda canta e vaise denantes de que todos os arbres morran. (Álvaro Cunqueiro)
"Zapatillas rotas" de Xabier Quiroga, Premio da Crítica 2014
O pasado fin de semana recibiamos con grande ledicia a nova do Premio da Crítica na categoría de narrativa en galego a Zapatillas rotas, a novela do compañeiro e profesor de Lingua e Literatura Galegas Xabier Quiroga, premio que xa obtivera en 2010 coa súa novela anterior, O cabo do mundo. Os Premios da Crítica, considerados entre os máis prestixiosos do estados español, leva distinguido en edicións anteriores, entre outros, a autores como Luz Pozo, Xohana Torres, Salvador García-Bodaño, Víctor Freixanes ou Manuel Rivas. ...E Coruña tremeuO LAXEIRO : PERIODISTAS E SOLDADOS.
Os alumnos de 3º y 4º PDC e o grupo de 2º de ESO C visitaron o 14 de abril as instalacións da Voz de Galicia no polígono de Sabón. Pasearon pola redación do periódico, polos enormes almacéns de papel da empresa e contemplaron a rotativa de dúas plantas e de 24 metros de largo onde se crean cada noite os máis de 120.000 exemplares do periódico que diariamente saen desta planta coruñesa. Tamén visitamos o museo Santiago Rey Fernández La torre. Alí os alumnos puideron ver periódicos de todos os rincóns do mundo e cabeceiras de épocas remotas . Tamén botaron un ollo ao periódico galego máis antigo: O Catón Compostelano de 1800, unha xoia periodística que o museo contén. Pola tarde e tras unha breve concesión ao ocio por Marineda …ejem, ejem… aproveitamos o bo día de primavera e nos paseamos polo Paseo do Parrote e polo peirao de trasatlánticos. Ata vimos zarpar un… Ás 4 da tarde armados cos nosos uniformes dezanos xogamos a ser soldadiños no Castelo de San Antón. O Castelo é pequeno, pero non quedou un recuncho sen visitar dende o alxibe ata o torreón. O día deu para moito e ata fomos quen de perder unha pelota de fútbol que tivemos que deixar aboiando nas augas do porto da cidade. Os do Laxeiro somos únicos … Para fotos do superevento, clica aquí. Visita ao parque experimental de SotaventoComo xa ven sendo tradicional, o pasado mércores 9 de abril de 2015 o alumnado de 1º de Bacharelato da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía visitou o parque eólico de Sotavento, situado na Serra da Loba. Nesta visita puideron afianzar os seus coñecementos de física e tecnoloxía acerca das enerxías renovables. Como en anos anteriores, fomos recibidos e moi ben atendidos polo persoal deste parque, que é moito máis que unha central de produción de enerxía eléctrica, senón que funciona como unha aula divulgativa das vantaxes das fontes de enerxía renovables e de promoción de condutas sostibles e respetuosas co medio, tan necesarias para fomentar na cidadanía un consumo enerxético responsable. Esta actividade estivo organizada polos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Tecnoloxía Intercambio - Échange IES Laxeiro - Lycée Champ-BlancNeste curso 2014-15, 24 alumnos do IES Laxeiro, de 4º ESO e 1º Bacharelato, teñen a oportunidade de participar nun intercambio cun grupo de 22 alumnos do Lycée Champ-Blanc (Le Longeron, Francia). Este é o IX intercambio que desenvolvemos xunto con este centro educativo francés. Neste caso decidimos estudar o tema das nosas lendas e tradicións. Do 21 ao 28 de marzo acollemos en Lalín o grupo francés. Durante esa semana, os alumnos franceses viviron nas casas dos seus compañeiros de intercambio, asistiron a clases no IES Laxeiro e participaron en varias actividades relacionadas co tema central do intercambio. Concretamente, visitamos a nosa vila e coñecemos os seus persoeiros ilustres; fomos á Coruña para traballar sobre as lendas relacionadas coa Torre de Hércules e sobre María Pita; e finalmente entramos en contacto co Camiño de Santiago, percorrendo o tramo que nos leva de Palas de Rei a Melide e visitando a zona vella de Santiago de Compostela. Do 25 de abril ao 03 de maio, tocaralles aos alumnos do IES Laxeiro viaxar a Le Longeron. Tamén residirán nas casas dos compañeiros de intercambio e participarán en diversas actividades organizadas polo Lycée Champ-Blanc: estudarán a dous persoeiros famosos desa zona de Francia, Jules Verne e Barba Azul. Por suposto, terán a oportunidade de visitar as cidades de Nantes, Cholet, Tiffauges... Se vos interesa esta actividade e queredes seguir o seu desenvolvemento, non dubidedes en visitar o sitio web que elaboramos entre todos: https://sites.google.com/site/champblanclaxeiro/echange-2014-2015. O IES Laxeiro participa no Parlamento Xove 2015Dous equipos do IES Laxeiro participan na fase preliminar de Bacharelato do Parlamento Xove 2015.
No IES Laxeiro tamén celebramos o Día de Rosalía[24 de febreiro] Tamén no IES Laxeiro celebramos o Día de Rosalía. Sumámonos á proposta da AELG de celebrar o Día de Rosalía cun vídeo para conmemorar e celebrar o Día de Rosalía. - » No IES Laxeiro pintamos moito!
Estamos de noraboa! A nosa alumna Noelia Vázquez Val de 1º ESO C, resultou galardoada co 1º premio na categoría infantil do IX Concurso de Pintura Fefriga coa súa obra "A seitura". Felicidades tamén a Anabel Ramos Bendoiro -de 3º ESO- polo seu 5º premio na categoría junior co seu traballo "Mountain Cow".
|
Novos números
|