Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
...E Coruña tremeuO LAXEIRO : PERIODISTAS E SOLDADOS.
Os alumnos de 3º y 4º PDC e o grupo de 2º de ESO C visitaron o 14 de abril as instalacións da Voz de Galicia no polígono de Sabón. Pasearon pola redación do periódico, polos enormes almacéns de papel da empresa e contemplaron a rotativa de dúas plantas e de 24 metros de largo onde se crean cada noite os máis de 120.000 exemplares do periódico que diariamente saen desta planta coruñesa. Tamén visitamos o museo Santiago Rey Fernández La torre. Alí os alumnos puideron ver periódicos de todos os rincóns do mundo e cabeceiras de épocas remotas . Tamén botaron un ollo ao periódico galego máis antigo: O Catón Compostelano de 1800, unha xoia periodística que o museo contén. Pola tarde e tras unha breve concesión ao ocio por Marineda …ejem, ejem… aproveitamos o bo día de primavera e nos paseamos polo Paseo do Parrote e polo peirao de trasatlánticos. Ata vimos zarpar un… Ás 4 da tarde armados cos nosos uniformes dezanos xogamos a ser soldadiños no Castelo de San Antón. O Castelo é pequeno, pero non quedou un recuncho sen visitar dende o alxibe ata o torreón. O día deu para moito e ata fomos quen de perder unha pelota de fútbol que tivemos que deixar aboiando nas augas do porto da cidade. Os do Laxeiro somos únicos … Para fotos do superevento, clica aquí. » |
Novos números
|