Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Parabéns aos gañadores do Concurso "Mestre Laxeiro"
No seguinte enlace pódense ver as obras premiadas no X Premio de Pintura escolar "Mestre Laxeiro" organizado polo Museo Municipal "Ramón Mª Aller" durante o mes de maio. Parabéns polo 1º Premio a Iria Varela e polos accesit de Alejandro Zas, Ana García Lois, Antonio Diéguez, Brais Vázquez, Lara Varela, Sandra García e Zaira Míguez. Relación de Libros de texto para o curso 14-15 no IES.laxeiroNos arquivos adxuntos aparece a relación de Libros de Texto para o curso 14-15. Calquera dúbida consulten na secretaria do centro. Nesta mesma páxina web poden atopar todo o referente á axuda de libros. - Relación de libros de texto ESO - Relación de libros de texto Bacharelato Noelia Blanco Pájaro, gañadora do concurso CocaCola de relato curto na súa VI edición."Bipolaridade" resultou ser o texto gañador da VI edición do Concurso Novos Talentos de Relato Curto organizado por Coca-Cola en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. O acto da entrega de premios tivo lugar o venres na Cidade da Cultura En Santiago de Compostela. Acto no que a alumna de 2º ESO do IES Laxeiro acadou o premio de gañadora absoluta desta edición. Parabéns a Noelia Blanco Pájaro polo exito acadado, un feito que serve para continuar coa fermosa traxectoria do centro neste concurso. A noticia tivo repercusión en diferentes xornais coma El Correo Gallego ou Faro de Vigo. Axudas para a adquisición de libros de texto curso 2014-2015O DOG do 30 de maio de 2014 ven de publicar a Orde do 28 de maio pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15. Presenta dúas novidades importantes con respeto ao ano pasado: 1º.- A finalidade das axudas é exclusivamente para libros de texto, non para material didáctico nin complementario. 2º.-A obrigatoriedade de conservar en bo estado os libros de texto, para incorporalos, ao remate do curso, a un fondo solidario que se constituirá no centro Nos seguintes arquivos podedes consultar toda a información relativa a este programa:
Intrépidos periodistas
A semana do 19 ao 23 de maio os alumnos de 1º ESO A viviron unha curiosa experiencia. Tres membros do equipo directivo prestáronse moi amablemente para ser entrevistados polos alumnos do primeiro curso da Eso. Armados os rapaces coas súas mellores armas lingüísticas e armados os membros do equipo coa súa mellor sonrisa, viviron todos uns momentos distintos e moi agradables. Un xeito diferente de ver o labor que se fai no centro dende a dirección e un modo distinto de aprender a aprender. Grazas a todos pola colaboración. Curiosea pinchando aquí. Voltamos coa froitaO vindeiro 19 de maio comezaremos cun novo periodo de reparto de froita durante os recreos. Aquí podes ver imaxes dalgúns traballos feitos polo alumnado de 1º de ESO para promocionar e reflexionar sobre o consumo saudable. Aproveita e ponlle cor á túa vida!. Pásate á froita!. Obradoiro de CaligrafíaO pasado 7 de maio un grupo de alumnado e profesorado participou nun Obradorio de Caligrafía, organizado pola Biblioteca e impartido polo profesor Jesús Mª Juaristi, experto no mundo da Caligrafía e da "Letra sen ansiedade". Traballamos con distintos tipos de materiais, plumas e tintas de distintos grosores e cores e disfrutamos aprendendo máis sobre esta "Arte". Aquí tedes unha pequena mostra das imaxes do Obradoiro. Visita aos Xulgados de Lalín
Os alumnos de Ética e Filosofía do Dereito de 2º BAC asistiron o mércores 30 de abril á celebración de varios xuizos orais no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 2 de Lalín para coñecer o funcionamento do procedemento xudicial.
O Laxeiro, subcampión do Parlamento xove 2014O 26 de abril tivo lugar no Parlamento de Galicia a fase final do Parlamento Xove 2014, para a que se clasificaron os dous equipos do IES Laxeiro, ocupando o primeiro e o segundo posto na taboa. Os dous equipos volveron ter unha magnífica actuación. O equipo Laxeiro 2 formado polos alumnos de 1º BAC Uxía Adán, Andrés Machado, Alba Tomé e Laura Machado, coordinados polo profesor Manuel Igrexas proclamouse subcampión nunha final moi axustada. O equipo Laxeiro 1 formado polos alumnos de 2º BAC Marta Millares, Diego Viana, Paula Castro e Laura Torreiro, coordinados polo profesor Xosé Manuel López, caeu pola mínima en cuartos de final. Un novo éxito para engadir ao historial: campións en 2010, subcampións en 2011, campións en 2012 e semifinalistas en 2013. Viaxe Fin de curso 4º de ESODo 5 ao 11 de abril os nosos/as alumnos/as de 4º de ESO viaxaron a París con motivo da excursión de fin de curso. Visitaron os Museos e puntos de interese máis importantes. Complementaron esta visita con Versailles e Eurodisney.
"Clicka" aquí e comprenderás por que a esta capital se lle chama a cidade da luz e o do amor. Se queres ver a segunda parte.... de novo máis imaxes.
|
Novos números
|