"Zapatillas rotas" de Xabier Quiroga, Premio da Crítica 2014

zapatillas rotas

 

O pasado fin de semana recibiamos con grande ledicia a nova do Premio da Crítica na categoría de narrativa en galego a Zapatillas rotas, a novela do compañeiro e profesor de Lingua e Literatura Galegas Xabier Quiroga, premio que xa obtivera en 2010 coa súa novela anterior, O cabo do mundo. Os Premios da Crítica, considerados entre os máis prestixiosos do estados español, leva distinguido en edicións anteriores, entre outros, a autores como Luz Pozo, Xohana Torres, Salvador García-Bodaño, Víctor Freixanes ou Manuel Rivas.
O portavoz do xurado, R. Nicolás, destacou  que “Zapatillas rotas é unha obra sobre a busca da identidade”, citando entre as calidades do texto “a mestría do autor na combinación de recursos narrativos, así como o tratamento da vellez cunha visión crítica e case cáustica, que tamén dá pé ao humorismo e o divertimento”.
Un recoñecemento que ven a confirmar a X. Quiroga como un dos nosos grandes narradores actuais. E, por suposto, un orgullo contar entre nós cunha persoa da valía, literaria e humana, de Xabier. Moitos parabéns!
Entrevista ao autor no Diaro Cultural da Radio Galega (min. 5.50 ao 12), xunto ao galardoado no apartado de poesía, Gonzalo Hermo.