4º ESO

Concerto do alumnado de 4º da ESO no Vales. 24.XI.2016

Comezamos por dicir que nos agrada grandemente dar a coñecer aos visitantes da nosa web noticias como a que agora nos ocupa.

Froito dunha colaboración, que agardemos se vaia acrecentando, un grupo de alumnos e alumnas de música de 4º da ESO (animados e dirixidos pola profesora Blanca Bello) , visitarán o 24 de novembro a partir das 12,30 o veciño colexio Vales Villamarín. Alí protagonizarán un concerto didáctico co máis esixente dos públicos, os nenos do dito cole'.

Moita sorte ! Que o disfrutedes!

 

Retrincos de Castelao. Representación teatral na Aula de Cultura.

Grazas á colaboración da Deputación Provincial e do Concello de Betanzos, mañá 23 de novembro  cerca de 120 dos nosos alumnos e alumnas terán a oportunidade de asistir a unha representación teatral que terá lugar na Aula de Cultura do Edificio Liceo de Betanzos a partir das 12.30. Participará nesta representación o alumnado de 4º da ESO e da materia de Literatura Galega do século XX en 2º BAC,  acompañados por varios dos seus profesores de Lingua e Literatura Galega e Historia. 

Trátase da obra que presenta Culturactiva co título "Retrincos de Castelao", dirixida por Diego Rey e protagonizada por Isabel Risco e Fran Rei. "A través dun texto de Diego Rey, no que teñen cabida cinco historias e unha ducia de debuxos dramatizados de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a obra fai un percorrido por algúns dos textos e viñetas deste intelectual, achegándonos a súa enxeñosa e fascinante forma de ver a Galiza do seu tempo, ofréce- nnos un mosaico composto de retrincos dunha realidade galega atemporal, que nos antecede e nos outorga raíces."

 

24 de outubro Día das Bibliotecas co mellor agasallo

 

 

Cola diante do mostrador durante o recreo da ESO. Atende hoxe o servicio de préstamos e devolucións Nuria Torregrosa.

 

Temos, os que formamos parte do Equipo da Biblioteca, moito que agradecerlle á entrega destes alumnos que desde o curso pasado colaboran activamente coa Biblioteca. 

Eles fannos revivir co seu entusiasmo!

Por iso non temos dúbida, o mellor agasallo que a biblioteca recibe neste seu día é a presenza destes rapaces e rapazas voluntarios

 

Sempre están dispostos...

 

Na semana pasada, foron os encargados de repartir todos (e son moitos) os libros dos 20 Clubs de Lectura que comezaron a funcionar no IES.

Hoxe aceptaron o reto de decorar a Biblioteca para o conmemorar o día das Bibliotecas!

 

Este día, un ano  máis a Biblioteca "Sebastián Buedo Jiménez" do IES Francisco Aguiar vístese de festa.

Durante toda a mañá, pero sobre todo nos recreos, xogo de pistas na procura de libros e agasallo de piruletas con forma de corazón:

Libros para soñar,

libros para viaxar,

libros para emocionarse,

libros para rir,

libros para chorar,

libros para indignarse,

libros para asombrar,

libros para tocar,

libros para descubrir o mundo,

libros para descubrirnos....

A FESTA DOS LIBROS E DAS BIBLIOTECAS!

4º de ESO vai ao teatro. 19.X.2016

Ao longo das tres primeiras horas da mañá do mércores 19 de outubro un nutrido grupo de máis de cen alumnos de 4º da ESO no Aguiar, poderán disfrutar dunha experiencia teatral no centro Ágora de A Coruña. A eles sumaranse os seis alumnos de 2º BAC que están a cursar este ano a materia de Xeografía e Historia de Galicia. Todos eles acompañados polos profesores Carmen Suárez moledo, Emilio Duque, María Pazos e Julián Ferrer.

Na saída asistirase á representación teatral da obra "Foucellas" que cun texto de Cándido Pazó, pon en escea a Compañía "Talía Teatro". Nela abórdanse aspectos vitais moi interesantes dos últimos momentos da vida deste maquis lendario. Él  loitou precisamente nesta zona ao remate da Guerra Civil e que foi, finalmente, capturazo en Oza dos Ríos e axustizado a garrote vil en 1952. 

Ano 1952. Un maquis, un guerrilleiro, un resistente. Un dos últimos homes do monte. Dos que a xente podía chamar, xenericamente, un ‘foucellas’. Mesmo podería ser o Foucellas. Ou non. Ou si. Quen sabe!
Firmeza, teimosía, dúbida, certeza, lealdade, inercia, utopía, inxenuidade, rebeldía, resignación, adaptabilidade, determinación... as armas dunha crúa batalla dialéctica nun tempo terminal.
Ficción, mito e realidade nunha proposta para pensar un momento histórico... o pulso metafórico sobre un transo co que, privada ou colectivamente, ás veces nos enfrontamos: a xestión da esperanza, a administración da derrota.  

Dende arriba(the Eye) ou por abaixo( the Tube)...forever London

 

Pois non hai dúbida, polas imaxes que envían os nosos arriscados aventureiros bilingües londinenses, que a súa viaxe lles está permitindo coñecer Londres dende todos os puntos de vista.

Un dos máis impactantes é o que permite a xigantesca noria á beira do Támesis que se coñece como "o ollo", The Eye.

Pero tamén é preciso, para coñecer Londres, entrar no seu metro, The Tube.

Esta grande rede de transporte subterránea é un dos mellores escaparates dunha sociedade multicultural, de múltiples manifestacións artísticas máis o menos alternativas e, por descontado, indispensable para os traslados nunha grande cidade como é Londres. 

 

 

Viaxe a Londres da sección bilingüe. Canto cabe visitar nun primeiro día!

Enfrontados á mole do Museo Victoria and Albert

Contemplando as reproduccións  de monumentos do mundo enteiro:

os púlpitos de Nicola Pisano,a columna Trajana, o David de Miguel Ángel

o unha reproduccíon do Pórtigo da Gloria da nosa Catedral de Santiago

( por certo cando fixeron o vaciado a finais do XIX deterioraron parte dos poucos restos de policromía que quedaban no Pórtico....AnoxadoIngleses!) .

O museo de Ciencias Naturais: da paleontología á máis moderna ciencia

Ao remate dun día tan intenso e museísticamente currado....

¿quen merece realmente un monumento? 

NÓS!!!!!

Para mañá máis....?

YES, WE CAN!

BOLSAS DA CAFETERÍA DO IES PARA AXUDA DE VIAXES

 

A Cafetería do IES Francisco Aguiar  colabora este curso  co alumnado que realiza viaxes ao extranxeiro coa dotación dunha bolsa de 100 euros para axudar nos gastos de ditas viaxes.

  • A bolsa concederase ao alumno/a  coas mellores cualificacións na avaliación anterior á viaxe. En caso de empate dividirase a bolsa entre os alumnos empatados.

  • A contía da bolsa entregarase ao instituto para que sexa aplicada aos gastos de viaxe do/os alumnos que a consigan.

Nestes primeiros días de curso xa levamos realizadas tres distas viaxes. Por tal motivo o pasado mércores 5 de outubro,  recibiron a axuda, da man de Melania, responsable da cafetería,  os alumnos: Irene Docampo, Irene García, Alberto Gómez e Xabier Gómez

Cronica da viaxe a Roma. Alberto e Mario

 

Ao saír do hotel visitamos San Pietro in Víncoli onde se atopa o Moíses de Miguel Anxo, que debería formar parte da tumba de Xulio II.
Despois coñecimos a Praza de España e a Piazza del Poppolo onde hai unha igrexa que ten dúas pinturas de Caravaggio.

Logo fomos cara o  Tíber para ver o Ara Pacis de Augusto, monumento á Pax Romana. No mesmo museo había unha exposición fotográfica dun xaponés chamado Omon Ken.

Despois fomos visitar a famosa Fontana de Trevi.

Pola tarde visitamos no Trastévere a basílica de Santa María e ceamos alí.

Mario Fernåndez e Alberto Gómez

De Voltas coas imaxes. Crónica dunha saída didáctica de Educación Plástica para 4º da ESO

DE VOLTAS COAS IMAXES

 

Preparamos unha saída didáctica para 4º da ESO dentro da optativa de Ed. Plástica e Visual. Saída moi importante xa que e unha materia na que se pasa moito tempo e realizase prácticas avanzadas na materia. Participaban todos os alumnos de 4º C e algún de 4º B.

Para isto organizamos unhas visitas relacionadas co que se estaba a dar durante o curso e sobre todo no derradeiro trimestre.

 

Primeiro visita ó DOMUS un museo..nooo!: Centro cultural científico diría eu...onde se mostra todo aquelo que ten relación co corpo humano, e de xeito práctico con experimentos...algo para ir quentando motores: Percepción, espazo, sensacións...etc.

Saída do DOMUS

 

A saída do museo e paseo pola cidade pode ser unha boa ocasión para practicar técnica fotográfica.

 

 

Logo máis adiante foimos o CGAI.. Centro Galego das Artes da Imaxe. Un sitio onde adícanse a promocionar, preservar e documentar todo aquilo relacionado co cine. Atendeunos a súa encargada Mónica a cal moi didacticamente explicounos que nunhas grandes neveiras tiñan conservados filmes dende a primeira película documentada en Galicia ano de 1915 ou algo así.

 

Tamén visualizamos unha película de Chaplin en formato sala de cine. “El chico”, coa cal tivemos un debate posterior.

Pola tarde xa nos diriximos ó MACUF ou Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa.

Alí íamos a ter unha presentación do que pode ser a arte contemporánea con toda-las súas contradiccións. E tamén de paso facer un pequeno obradoiro con materiais de hoxe en día: Unha cámara de vídeo, pantalla dixital, e representación performativa, todo moi entretido.

Alí atopámonos con imaxes que poden chegar a ser moi raras pero que poden tamén dicir moitas cousas.

Imaxes que acabaran por chamar a nosa atención, non só polo que vemos se non polo significado.

Xa que nunha exposición de retratos, vimos pintura, instalación, vídeos, fotos e ata debuxos.

 

 

Iso foi todo, penso que os alumnos tiveron unha visión da arte e do cine moi didáctica e entretida, para facer pensar e imaxinar, ou iso espero.

Pablo Sánchez Corral

Profesor de EPV

 

 

 

3 e 4 de maio. Obradoiro de Bebidas Saudables

Un ano máis o Concello de Betanzos danos a posibilidade de que os nosos alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO poidan participar nun Obradoiro de Bebidas Saudables , que terá lugar durante os días 3 e 4 de maio. 

O plantexamento da actividade nolo explican os chicos de "Oxígeno.Ocio Educativo" que imparten este Obradoiro:

 

 

"Hoxendía moitos xóvenes entenden o ocio e pasalo ben unido inseparablemente coas bebidas alcohólicas. Indubidablemente esa asociación é errónea, a diversión non debe asociarse ao alcohol. É necesario ensinar alternativas para romper esa asociación e crear hábitos de consumo saudables.

 

O Obradoiro de Bebidas Saudables de Oxígeno é un programa de Educación para a Saúde dirixido a alumnos/as de ESO (Secundaria) co obxectivo de previr o consumo e abuso de bebidas alcohólicas e proporcionarlles alternativas saudables .

 

O obradoiro consta de diferentes tipos de actividades para a consecución dos obxectivos propostos: charlas, obradoiros prácticos de preparación de bebidas saudables, dinámicas e coloquios."

Distribuir contido