1º Bacharelato

Viaxe a Grecia - información

13/11/2024
Etc/GMT+1

Achégase a presentación utilizada na reunión informativa de esta tarde sobre a viaxe a Grecia. Recordamos que a data tope para anotarse, entregando o documento de condicións e normas asinado por proxenitores e alumno/a, é o venres 15 de novembro ás 11:45 en Vicedirección ou ao profesor Francisco Calaza.

Viaxe a Grecia - Reunión informativa

12/11/2024 15:30
Etc/GMT+1

Reunión informativa para as familias do alumnado do IES Francisco Aguiar matriculado en 1º de BAC sobre a viaxe a Grecia que organiza o departamento de grego.

Intercambio EduMob - despedida de Metz

16/10/2024
Etc/GMT+1

A nosa alumna Sofía despediuse da súa familia francesa en Metz e xa está de regreso connosco despois dun mes de inmersión lingüística e cultural co intercambio Edumob da Consellería de Educación. Pronto recibiremos no noso centro á súa correspondente Mathilde.

 


 

 

Obradoiro de dobraxe

26/09/2024
Etc/GMT+1

Hoxe tivemos o pracer de contar con Manuel Pombal e Suso Pando, grandes actores, locutores, realizadores, directores, guionistas, dobradores... Ofreceron un espectáculo para o alumnado de 1º de Bac no que aprenderon, de maneira lúdica, como funciona a dobraxe. Moitísimas grazas ao Concello de Betanzos por ofrecernos este obradoiro!

 



Comezamos o intercambio EduMob!

17/09/2024
Etc/GMT+1

A nosa alumna de 1º de Bacharelato, Sofía Suárez Sánchez, xa está en Metz no marco do intercambio do programa Edumob de @edu.xunta . Pasará aló un mes coa súa correspondante do Lycée de la Communication, que pouco tempo despois virá a Betanzos a convivir un mes máis con nós.
Gran experiencia e un lugar idílico para gozala!

 


 

Creamos palabras - Fundamentos léxicos

01/07/2024
Etc/GMT+1

Nun mundo globalizado, e no que os avances científicos son constantes, é importante ter mecanismos para crear novos termos que sexan duradeiros no tempo. Por iso, acudimos ao léxico do grego clásico. O alumnado de Fundamentos Léxico xogou a crear novos termos que ben poderían xurdir nun futuro.

 

Radio Ciencia na nube

 O alumnado de Cultura científica de 1º de Bacharelato iniciou  este ano o noso programa de radio de divulgación científica: ¨Ciencia na nube¨. A continuación tedes os tres primeiros programas de radio que esperamos que sexan dunha longa serie que se continúe nos vindeiros cursos.

No primeiro episodio Aaron, Alonso, Marcos e Murilo achégannos aos misterios do enigmático Universo facendo un repaso das películas de cienciaficción que se recrean nos seus misterios. Enlace ao podcast

 
No segundo capítulo Héctor, Javier, Lucas, Marcos e Santiago fan unha reflexión científica sobre as fobias. Enlace ao podcast

 
Por último no terceiro episodio Celia, Cristina, Héctor, Lúa e Nadia axúdannos a diferenciar a ciencia da pseudo ciencia.  Enlace ao podcast

 

 

Na aplicación iivox podedes atopar estes e outros episodios do programa:

 

Concerto de Fin de Curso - B1 - Linguaxe e Práctica Musical

01/06/2024
Etc/GMT+1

O alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato do noso instituto, guiados pola súa profesora Alba Alonso, convidou a toda a comunidade educativa a asistir ao Concerto de fin de curso na sala Xulio Cuns.

Visita ao Pazo de Meirás

27/05/2024
Etc/GMT+1

Alumnado de B1 de Xeografía e Historia visitan o Pazo de Meirás, onde aprenden sobre a súa orixe e o seu rol na historia de España e de Galicia.

Distribuir contido