4º ESO

Intercambio con Italia - información

13/11/2024
Etc/GMT+1

Achégase a presentación utilizada na reunión informativa desta tarde sobre o intercambio con ITALIA. Recordamos que a data tope para anotarse, entregando o documento de condicións e normas asinado por proxenitores e alumno/a, é o venres ás 11.45 en Vicedirección.

No caso de seren seleccionados para participar, enviaráselles un email co número de conta do instituto para o ingreso do primeiro pago ese mesmo día.

Formación Ciberliga

21/11/2024
Etc/GMT+1

Visita ao Museo das Mariñas

18/10/2024
Etc/GMT+1
O alumnado de 4° de ESO gozou dunha visita guiada ao museo da vila de Betanzos. Este museo, de aspecto decimonónico, aínda que inaugurado en 1983, vén de sufrir unha interesantísima remodelación que o transporta ao noso século XXI. Ademais ten unha nova sección musical. Noraboa ao Museo das Mariñas!

Intercambio con Italia - Reunión informativa

12/11/2024 16:30
Etc/GMT+1

Reunión informativa para as familias do alumnado do IES Francisco Aguiar matriculado en 4º da ESO e interesado en participar no intercambio con Italia.

 

O espello de Claude: laboratorio de fotografía e identidade para adolescentes

24/10/2024
Etc/GMT+1

O alumnado de 4º da ESO da materia de FOPP participa no desenvolvemento dun pequeno proxecto artístico que permita plasmar como sente e pensa a adolescencia en relación a temas que lle son importantes.

Traballos avaliación paisaxe: Ruta Betanzos - Rio Lambre - Ponte do Porco

28/05/2024
Etc/GMT+2

O pasado martes 28 de maio o alumnado de bioloxía e xeoloxía de 4º de Eso realizou unha ruta dende o centro escolar ata a praia de Ponte po Porco co galo de facer  unha avaliación da paisaxe da zona. Para iso desenvolveuse durante unha xornada escolar un roteiro de 16 km desde o centro escolar á próxima praia de Ponte do Porco. Durante o roteiro tiñan que avaliar, mediante unha recollida de datos nunha ficha, tres zonas diferenciadas:  unha primeira urbana e agrícola, unha segunda máis rural, e por último unha terceira do río Lambre máis natural. Os aspectos recolleitos da paisaxe dividíronse para iso en tres bloques: elementos realizados polo ser humano , elementos naturais bióticos e elementos naturais abióticos. Tras esta análise deberían tipificar cada paisaxe e realizar unha valoración cuantitativa dos diversos aspectos atopados, tanto positivos como negativos. Con esta actividade pretendíase que recapacitasen sobre os distintos elementos que compoñen a paisaxe, así valorizar  da paisaxe como un elemento importante na sustentabilidade, pola súa importancia ecolóxica, social e mesmo económica coimo fonte de turismo.

No ficheiro adxunop pode verse o mapa do percorrido e a ficha de recollida de datos para a avaliación da paisaxe

TRABALLOS IMPACTOS AMBIENTAIS 4º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

O alumnado de 4º da ESO de Bioloxía e xeoloxía realizou durante o presente curso un traballo de investigación sobre impactos ambientais na comarca.

 

Estes traballos realizados baixo a metodoloxía dun artigo científico consistían na detección, tipificación, xeolocalización e investigación das causas de dito impacto, así como facer unha proposta de solucións para o problema. Ademais seguindo a metodoloxía científica as súas achegas debían estar apoiadas pola bibliografía, así como contrastando a información con situacións similares recollidas en noticias buscadas na rede. Entre os principais problemas detectados polo alumnado caben destacar o impacto sobre o medioambiente de especies alóctonas invasivas e contaminación por plásticos. A continuación achegamos o índice e os correspondentes traballos.

 

Para os traballos o alumnado fixo un dosier fotográfico dos principais impactos. acompañamos aqui algunhas das fotos máis destacadas así como un ficheiro coa recompilación dos traballos.

 

 

 

 

 

 

 

Esperemos que a realización desta tarefa e a súa recompilación serva para que a nosa comunidade sexa consciente destes impactos e poña as mediadas tanto persoais como sociais para diminuír as agresións que sofre na actualidade o noso planeta.

 

 

 

David Casado Bravo

 

Profesor 4º ESO Bioloxía e Xeoloxía. IES Francisco Aguiar Betanzos

 

 

Programa EduMob de intercambio con Francia

30/05/2024
Etc/GMT+1

A Consellería de Educación vén de publicar información sobre o programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado de Francia durante o curso 2024/2025.

 

CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA: o alumnado residirá coa familia do seu homólogo francés e asistirá a clase no centro docente do seu anfitrión/anfitrioa, garantindo así a continuidade dos obxectivos curriculares e as competencias correspondentes á etapa educativa. Ao mesmo tempo, a familia do alumnado participante comprométese a acoller no seu domicilio e integrar na vida e actividades familiares a un alumno/a francés/a.

As datas previstas son as seguintes:

  • Estadía en Francia: do 16/09/2024 ao 11/10/2024
  • Acollida en Galicia: do 28/10/2024 ao 22/11/2024

 

DESTINATARIOS: alumnado que o vindeiro curso estea matriculado en 1º de Bacharelato, que curse francés como 1ª ou 2ª lingua estranxeira, que teña unha nota mínima de 7 no expediente da ESO e de 7 na materia de 4º de francés de 4º da ESO (ver outros requisitos na resolución que se achega).

PROCEDEMENTO E CRITERIOS DE SELECCIÓN: (ver Anexo II)

DOCUMENTACIÓN QUE O ALUMNADO DEBE PRESENTAR: solicitude de participación (ver Anexo I)

DATA TOPE DE PRESENTACIÓN: mércores día 5 ás 14.15

 

Resolución

Anexos

Piragüismo E4C

14/05/2024
Etc/GMT+1

Alumnado de ESO4 no Mandeo

Charlas Nutrición

08/05/2024
Etc/GMT+1

Interesantes charlas sobre nutrición a cargo de Saúl Sánchez para o alumnado de 4º da ESO, que estiveron moi atentos e consultaron dúbidas alimenticias.

Distribuir contido