Recomendámosche

DÍA DAS BIBLIOTECAS

24/10/2022 15:34
Europe/Andorra

Hoxe 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas cunha exposición de instrumentos prehistóricos que fixeron algúns alumnos e alumnas de 3º ESO. Poderás comprobar que fixeron un gran traballo! 

E estade atent@ ás novas da Biblio porque seguiremos celebrando o día con máis actividades!

Exposición de fotografías do Concurso Letras Galegas 2021

As propostas do concurso das Letras Galegas con textos de Xela Arias, autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas.

Álbum: Curso 2020-2021 -> Concurso de fotografía Letras Galegas 2021

No #11feb día internacional da muller e da nena na ciencia dende a Biblioteca recomendámosvos #NomoreMatildas

Imaxínasche que pasaría se Einstein nacese muller? Pois que probablemente, hoxe non saberiamos quen é Einstein. E é que os méritos dos seus descubrimentos levaríallos algún compañeiro de investigación ... ou mesmo o seu marido.
Este fenómeno, que se coñece como Efecto  Matilda en honra a  Matilda  Joslyn  Gage, a primeira activista en denuncialo, sinala a inxustiza que ignorou, de forma sistemática, os achados de  brillates científicas ao longo da historia.....
Así  comeza ou manifesto dá web #nomoreMatildas que tenta concienciar da ausencia de referentes científicos femeninos nos libros de texto.

Para que podades ler e reflexionar sobre o tema, recomendámovos 3 libros ilustrados disponíbeis nesta web:

cuentos matildas

Imaxes dunha inesquecible xornada festiva: Visita dos do Entroido de Samede ao Aguiar

Este pasado martes  11 recibimos pola trde a un grupo de integrantes da asociación cultural que está a recuperar o Entroido de Samede. Despois dunha charla no salón de actos do centro, despois dunha breve demostración no pavillón do centro, o alumnado de 1º e 2º da ESO case na súa totalidade animáronse a aprender a bailar a 'Muñeira cruzada'. 

Grazas a Martín e Alejandro, gaiteiros incansables, e grazas aos integrantes da asociación. Un auténtico pracer.

 

 Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Actividades 2019-2020 -> Visita do Entroido de Samede 2020

Entroido de Samede. Charla e obradoiro para 1º e 2º da ESO

 

entroido de Samede

Martes 11 de febreiro de 2020

Actividade para 1º e 2º da ESO na que se traballará antropoloxía, cultura e tradicións galegas, difundindo e recuperando un entroido tradicional galego do noso entorno, o 'entroido de Samede'. 

A Asociación Entroido de Samede, de San Xulián de Vigo, no Concello de Paderne, acudirá esta tarde ao centro para impartir a 1º e 2º ESO charlas e obradoiros. Esta asociación adicase á recuperación e promoción do Entroido Tradicional de Samede e a súa Muiñeira cruzada.

Actividade organizada polos departamentos de galego, educación plástica e visual, educación física, o equipo da Biblioteca e vicedirección para divulgar entre o noso alumnado, un xeito tradicional e diferente de sentir e vivir o entroido galego. 

O Proxecto documental integrado 'Betanzos 800 anos' premiado no VI Concurso de traballos por proxectos

Acabamos de enterarnos da nova de que o proxecto desenvolto o curso pasado polos profesores do PFPP e coordinado pola Biblioteca, vén de ser galardoado cun premio no VI Concuros de traballos por proxectos da Consellería de educacións.

Podedes lembrar parte do realizado navegando pola presentación adxunta.

Parabéns a todos/as os/as participantes neste proxecto, alumnado e profesorado, xa que sen o seu traballo, esto sería imposible.

Betanzos 800 anos, pequeno resumo do Plan de Formación Permanente do Profesorado do 'Aguiar'

Unha presentación para agrupar os proxectos centrados no 800 aniversario do traslado da vila de Betanzos  que o profesorado do IES Francisco Aguiar desenvolveu nas súas clases e/ou clubs de ciencia e lectura. Con eles, conseguimos traballar non só o currículo estándar, senón moitas cousas máis coma o respecto pola historia, o patrimonio, as tradicións ou a cultura desta nosa vila. Parabéns a todos os participantes neste proxecto, alumnado e profesorado.

Gañadores do VI Concurso de Esopías IES Francisco Aguiar

Presentamos unha pequena montaxe cos gañadores do VI Concurso de Esopías IES Francisco Aguiar. 

Trátase de contar letras de palabras para que se acomoden as cifras do número pi, e que compoñan un todo poético, que aínda por riba, hai que ilustrar dun xeito orixinal. Este ano cabe dicir que hai moitos premiados, culpade tanto a calidade dos traballos coma a imposibilidade do xurado para deixar fóra traballos de calidade. 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... Raquel Vázquez publica un novo libro de relatos

 
RAQUEL VÁZQUEZ, Paralelo 36, Talentura, Madrid, 2019, 154 páxinas.
 
CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...
 
Raquel Vázquez presentará hoxe venres na Librería Moito Conto da Coruña, (relativamente cerca do Paralelo 36, o seu segundo libro de relatos, do que regalou este exemplar adicado á Biblioteca do IES no que ela estudou.
 
Os nosos parabéns e os mellores desexos para esta nova publicación.
 
 
 

Ilustración de Nuria Beiro de 3ºESO para o #díadolibro

23/04/2019 07:21
Etc/GMT+1

Ilustración de Nuria Beiro

Con esta fermosísima ilustración, orixinal da alumna Nuria Beiro Doldán de 3º de ESO, queremos celebrar con todos vós o día do libro.

Distribuir contido