Recomendámosche
Chegou aos nosos oídos: Carmen Núñez Carro, ex-Aguiar, nova responsable da viñeta de "Betanzos e a súa comarca"
Chegou aos nosos oídos o traballo dunha ex-Aguiar. "Sinestesia" é o título da nova sección de humor gráfico que estrea "Betanzos e a súa comarca" da man da debuxante Carmen Núñez Carro. Parabéns, Carmen. |
|
Feliz ... e reivindicativo ... DÍA DA MULLER
As compañeiras da Biblioteca convídannos a celebrar reivindicativamente o 8 de marzo e a facelo do xeito máis "concienciante", lendo
Tamén polo seu medio, e o do compañeiro Ramón Ferreno, atopamos este convite a ollar documentarios sobre mulleres galegas que nos farán pensar.
Escoitar a historia de vida e loita das mulleres a través a súa propia voz é un pracer ao que temos acceso grazas ao traballo das persoas dedicadas ao audiovisual. Recompilamos unha serie de documentarios que teñen como protagonistas a mulleres galegas: leiteiras, contrabandistas, nais, nenas… Un bo recurso para aproveitar o tempo sen saír da casa.
* Nesta páxina están recollidos os documentarios que compiláramos en diversos artigos (I / II) e xuntamos algúns novos que nos fixestes chegar por diversos medios: obrigadas! A lista irá aumentando…
Coñeces máis documentais de interese ou encontraches algún erro? Non dubides en comunicárnolo vía email, maos@maos.gal, ou a través das nosas redes sociais. Obrigadas!
Muller e industria
- Doli doli doli… coas conserveiras. Rexistro de Traballo. En 1989, perto de cen mulleres, catro delas en folga de fame, pecháronse na fábrica de Odosa, na Illa de Arousa, como protesta ao peche inminente da fábrica conserveira. En 2010, Uqui Permui realiza este documental baseado no material gráfico que as traballadoras grabaron durante o seu encerro. Ver no YouTube.
- A Fábrica. Antes de ser un solar en ruínas, a fábrica de punto Maperlán, de Boiro, foi o lugar de traballo de moitas mulleres que lograron así a independencia económica nunha época difícil. Esta curtametraxe de Marcos Nine foi gañadora do premio á mellor curtametraxe documental na V Edición do Festival Internacional On & Off de Ribadeo e obtivo o segundo premio da II Edición do Festival Galego de Curtas de Sada en 2009. Ver no Vimeo.
- Ouro Negro. Durante boa parte do franquismo, a Brea (Fontao, Vila de Cruces) foi unha das grandes minas de volframio activas a nivel mundial. Ás mulleres non se lles permitía traballar nas galerías nin na fábrica, mais foron contratadas pola empresa concesionaria para facer traballos auxiliares como lavado e separación do mineral. Ademais, moitas delas colaboraron nas redes de estraperlo do mineral e participaron activamente na vida da vila que se medrou ao redor da mina. Este audiovisual producido polo Consello da Cultura Galega e dirixido por Encarna Otero recolle o testemuño dalgunhas destas mulleres. Ver no YouTube.
- Fíos fóra. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil desde os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema. Dirixido por Illa Bufarda para Amarante. Páxina web do documental.
Muller e mar
- As regateiras de Bueu. A relación da muller galega co mar é incuestionable: maricadoras, redeiras e pescantinas son algúns dos oficios que tradicionalmente desempeñaron e aínda desempeñan as mulleres das zonas costeiras. No ano 2014 co gallo do Día da Muller Traballadora, o concello de Bueu homenaxeou a figura das regateiras coa creación desta peza audiovisual. Na mesma páxina pódense ver documentais sobre emigradas e conserveiras, entre outros temas. Ver no YouTube.
- Atadora. Historia de María, filla de Lita, redeira en Malpica e sobre e a transmisión e o futuro do oficio .Ver en Vimeo.
- Entre patifas. Esta pequena peza documental achégase ás vivencias de catro patifas de Cesures que falan do seu traballo como vendedoras ambulantes de peixe, do seu esforzo, cos cestos de peixe na cabeza e a pé de aldea en aldea. Curtametraxe de 2007, de Pachi Pachi Baranda. Ver en Vimeo.
- Un mar de mulleres. Documental dividido en tres partes composto por entrevistas a diferentes perfís de mulleres con traballos relacionados co mar. Ver no YouTube.
- As mulleres do mar. Serie documental de Redondela TV na que a mariscadora Magdalena Ramonet guíanos sobre o proceso íntegro do traballo dunha mariscadora. Ver en Vimeo.
- As mariscadoras do río Anllóns. Pequeno documental que describe o traballo cotiá das mariscadoras que traballan no esteiro do Anllóns. As condicións laborais, o proceso de recollida do marisco ou as distintas artes empregadas son algúns dos temas que trata esta peza audiovisual. Ver no Youtube.
- Mariscadoras do Anllóns. O esteiro de Anllóns é o escenario no que se ambienta esta pequena peza audiovisual, na que Julia Haz, presidenta da Agrupación de mariscadoras do río Anllóns, fala do traballo de mariscadora. Ver no Youtube.
- Marea de mulleres. “Retrato colectivo das mulleres de Ares que traballaban nas fábricas de salgadura da zona. A través delas sabemos do que era o seu oficio e as súas condicións laborais, pero tamén das súas lembranzas e arelas” [Web do proxecto Vidas Mariñeiras]. Ver en Vimeo.
Muller e agro
- Polas Bravas! Como viven e que senten as mulleres que traballan no rural ourensán? Esta é a cuestión á que dá resposta o documental Polas Bravas! O vídeo é un reflexo tamén dos diferentes xeitos de gañar a vida no campo: desde a agricultura até a creación de leite de burra, mel ou pan. Este traballo da Asociación Avinza ten como protagonistas seis mulleres que residen en concellos da Reserva da Biosfera Área da Allariz. Ver no YouTube.
- Leiteiras de Ermelo. Vídeo homenaxe ao labor das leitieras de Ermelo ao longo dos anos. Neste lugar situado no alto de Bueu, no interior da parroquia, as mulleres dedicáronse tradicionalmente ao coidado do gando e ao comercio do leite. Recóllese neste vídeo a memoria dalgunhas das últimas leiteiras. Ver no YouTube.
- Da man das queixeiras. Vídeo proxectado na “Homenaxe ás queixeiras” realizada na 40ª Festa do Queixo de Arzúa. Ese acto enmárcase dentro do proxecto de salvagarda da historia das mulleres do concello de Arzúa por medio da recollida de campo de memoria oral e material fotográfico, que está a desenvolver MaOs Innovación Social para o Concello de Arzúa. Ver no Vimeo.
Muller e saúde
- Miña nai, a parteira de Ponte Sampaio. Este pequeno vídeo é imprescindible; relata a vida da parteira de Ponte Sampaio, Isolina da Reguiña: como chegou a aprender o oficio, a relación coa veciñanza e cos doutores… O vídeo foi feito e relatado pola súa filla a través do proxecto Memoria de Muller. Ver no YouTube.
- Terra das Marabillas. O documentario Terra das Marabillas, recolle a tradición máxica, mitológica e tamén numerosos remedios da medicina popular que aínda se conservan parroquia de Salcedo. As mulleres non son o eixo deste traballo pero si as doas que compoñen o colar patrimonial e cultural da parroquia pontevedresa. É por iso que incluimos este traballo de Ana Lois en colaboracion con Rafa Quintía. Ver no Vimeo.
Muller e franquismo
- Digna rabia. Testemuño sobre a vida das mulleres galegas durante o período franquista, dirixido por María Victoria Martins Rodríguez e Ángel Rodríguez Gallardo no que distintas xeracións reflexionan sobre o impacto que tivo o franquismo nas súas vidas: como se enfrontaron con el, como sobreviviron, onde traballaron, como responderon á desigualdade, á reclusión doméstica, á sumisión, á violencia de xénero e ás dificultades para se instruír. Ver no YouTube.
- Silenciadas. Un documental sobre a loita de moitas mulleres en Galiza contra a violencia e a represión da ditadura de Franco após a Guerra Civil española. Este audiovual dirixido por Pablo Ces Marco, con guión de Aurora Marco, foi recoñecido en 2013 co premio “Popular” no Festival Internacional de Cine Documental online Humanity Explored.(Obrigadas a Beatriz por nolo achegar) Ver en CultureUnplugged.
Muller e educación
- Tita, a palabra xusta. Aínda pendente de se estrear, Tita é un documental de Miguel Piñeiro sobre a pedagoga viguesa Antía Cal. Ela recolleu teorías pedagóxicas renovadoras na obra O Libro dos nenos (1958), unha sorte de manual que tardou 60 anos en ser coñecido. Neste documental de Miguel Piñeiro, que previsiblemente se estreará na primavera de 2015, abordan o porqué destes anos de silencio. Extracto sobre Rosalía. Aquí podedes ver un programa da TVG sobre ela, e aquí unha entrevista no ZigZag.
Muller e emigración
- Mulleres de aquí e dacolá. Que foi das mulleres que emigraron de Lugo a Arxentina? Que foi daquelas que deixaron Arxentina para vir Galicia? A estas preguntas responde o documentario Mulleres de aquí e dacolá (2014), un audiovisual realizado por Xosé Reigosa e Pilar Sánchez, desenvolvido dentro do programa “Museoloxía social. Culturas en Diálogo: Lugo –Arxentina” levado a cabo pola Rede Museística Provincial de Lugo. O vídeo que segue, presenta o proxecto e inclúe extractos deste documental, froito dun traballo de investigación e recollida que afonda na memoria e no presente dos movementos migratorios entre estas terras afastadas. (Grazas a Pilar por nolo facer chegar) Ver no Vimeo.
Muller e lingua
- Mulheres e língua no bairro da Agra. “Cinco mulheres do bairro da Agra contam a sua experiência crescendo e vivendo em galego na cidade da Corunha”. Vídeo no Vimeo.
Muller, música e audiovisual
- Por que non cantades todas. Este documental amosa “a relación coa música dun grupo de mulleres do lugar de Zobra na serra do Candán. A música como memoria, experiencia e convivio. A música coma ponte entre dúas realidades, o pasado e o presente”. Detrás deste traballo están a Cooperativa Trespés e Diana Toucedo, a directora do audiovisual que saiu á luz no ano 2014. Trailer no Vimeo.
- Miradas novas. O vídeo amosa o proceso, o resultado e o balance realizado polas mulleres de San Sadurniño despois de asistir a un “Obradoiro de fotografía” realizado pola Aula Cemit e o Departamento de Igualdade coa colaboración de Gabriel Tizon. A maioría delas nunca empregaran unha cámara, polo que as fotografías e reflexións mostran o interesante exercicio que fixeron de “mirar de novo” a súa vida cotiá, a través dunha máquina de retratar. Ver en Fálame de San Sadurniño.
Varios
- Mulleres da raia. Unha viaxe da man de Diana Gonçalves ás fronteiras do norte de Portugal e Galiza lévanos ao contrabando local e á emigración clandestina. A raia, como popularmente é coñecida a fronteira, garda unha historia de loita diaria pola supervivencia e as súas mulleres son testemuñas. Ver trailer no YouTube.
- Señora de. Documental de Patricia Ferreira no que se recollen testemuños dun amplo espectro de mulleres de diferentes clases sociais e con diferentes tipos de educación: mulleres da cidade e do campo, do mar e de terra dentro, que falan por primeira vez e reflexionan sobre o que foi a súa vida. (Obrigadas a Móllate coa lingua por nolo achegar) Ver no YouTube.
- Historias de Galicia; a historia de ser mulleres. Nin María Pita, a raíña Urraca, Rosalía ou Emilia Pardo Bazán; neste capítulo da serie Historias de Galicia, da TVG, falan de mulleres anóminas, alicerces da economía en todos os tempos que traballaron a terra, nas fábricas ou como mestras. Ver no YouTube.
- Sempre foron cinco. Audiovisual promocional do proxecto Econonomía para o desenvolvemento, levado a cabo por Acsur Galiza en 2011. Coa escusa dunha homenaxe ás avoas, presenta a mulleres sen moitos recursos que co seu traballo levaron adiante xeracións anteriores, con “austeridade e valor”. A curta ofrece un paralelismo entre ese modelo económico de superación e aforro e novas alternativas financeiras non lucrativas. Ver no Vimeo.
- Dez centímetros máis perto do ceio. Non é un documentario coas mulleres galegas como protagonistas; é un documentario sobre o concepto de feminidade. A súa autora, Raquel Rei, “convida a reflexionar acerca do modelo de muller que o patriarcado foi artellando e que nos tacóns atopa unha expresión máis da feminidade hexemónica”. Ela xunto con Andrea Nunes compón o proxecto de creación audiovisual e poética “As Candongas do Quilombo”. Ver no Vimeo.
- Costa das mulleres. Documental que convida a unha reflexión sobre o pasado, presente e futuro da muller traballadora na Costa da Morte. Vinte mulleres da comarca de diferentes idades e distintas traxectorias persoais falan do desemprego, a precariedade, a discriminación salarial, a imposibilidade de conciliar traxectoria laboral con coidado de familiares dependentes, a falta de apoio institucional… Este vídeo foi realizado polo BNG e Galiza Nova da Costa da Morte. Ver no YouTube.
- Mujer[es]Mujer. Audiovisual que garda o seu interese na exploración da evolución e relación entre distintas xeracións de avoas, nais e fillas. Trátase dun proxecto de SocialDocs, Comunicación Necesaria. Ver no YouTube.
- Matriarcas. Traballo dirixido por Ana Costa que xurde para reinvindicar o dereito da muller a ser dona do seu corpo pero que se acaba convertendo nun berro pola igualdade. A piques de se estrear, xa podemos ver o teaser. Ver no Vimeo.
- Tralas luces. A viaxe de Lourdes, unha feirante que percorre na súa caravana as estradas do norte da península xunto coa súa familia e coa súa pista de coches de choque ás costas. Ver trailer no YouTube.
- Faladas de Muller. O relato das veciñas de San Sadurniño é o fío condutor deste traballo que reflexiona sobre a vida das mulleres dende comezos do século XX até a actualidade e incluso o que aínda resta por vir e cambiar. Desde o parto aos anticonceptivos, 23 minutos de declaracións para non perder. A peza audiovisual é froito da colaboración entre o Departamento de Igualdade e a Aula Cemit do Concello, dentro do programa “Memoria Activa”. Ver en Fálame de San Sadurniño.
- A Rexubeira de Bergantiños. Documental sobre Asunción Antelo Suárez, agricultora, gandeira, oleira, canteira, escultora e poeta da aldea de Segufe (Coristanco). Ver en Vimeo.
MaOs Innovación Social, S.Coop.Galega non se responsabiliza polo contido doutras webs cuxos enderezos estean dispoñíbeis nas nosas páxinas, ou das ligazóns que estean neles dispoñíbeis.
Chegou aos nosos oídos...VIII edición dos Encontros de Teatro Afeccionado en Betanzos
Chegou aos nosos oídos.... que un ano máis, e van xa pola oitava edición, varios ex alumnos e ex profesores do Aguiar volverán a alegrarnos as tardes dos sábados do mes de febreiro. Trátase da anual cita co teatro afeccionado que organiza a Agrupación Teatral Mariñán.
No elenco e "dando a cara": Juan, Inés, Sara e José Luis. Nancy na parte técnica. Deseñando carteis e facendo traballos tan atinados como o deste ano, Silvia.
A todos eles,dende o Aguiar, grazas polo traballo e ilusión!
Velaí o programa do VIII ENCONTRO (2017) que comeza este sábado día 4 de febreiro ás 20.00 h.
- Sábado 4 ás 20.00 h. Medievándalos (Santiago de Compostela) con Cervanterías.
- Sábado 11 ás 20.00 h.: Grupo de Teatro Intercazia (Benavente, Zamora) con La puta enamorada.
- Sábado 18 ás 20.00 h. Grupo de Teatro Badius (Baio) con Frankenstein.
- Sábado25 ás 20.00 h. Ajidanha (Idanha a Nova, Portugal) con À deriva.
- Domingo 26 ás 19.00 : Agrupación Teatral Mariñán (Betanzos) con O de menos é o nome.
MOITA MERDA!
chegou aos nosos ollos lectores.....Lucía Abarrategui publica na Voz
Chegou aos nosos ollos lectores... a publicación no periódico La Voz de Galicia da exalumna do Aguiar Lucía Abarrategui. É ben coñecida a súa pasión pola radio porque estivo no Aguiar polas Letras Galegas impartindo un obradoiro o ano pasado. Xunto a Sergio Pascual levan xa varios anos extendendo a través de cursos e obradoiros a radio na bisbarrra . Non reparan na idade nenos, mozos, adultos e persoas maiores son destinatarios do seu entusiasmo e bo facer.
Agora chéganos dela publicado no diario La Voz de Galicia un precioso e emotivo texto nun diario escrito pero que non deixa de ser unha auténtica declaración de amor pola comunicación radiofónica. Nada mellor que poñelo aquí á disposición dos lectores desta web.
¿Qué tiene Betanzos de Marconi?
Mi cuerpo y mi mente han desarrollado una intolerancia severa a la información; creo que se me han disparado los niveles de empatía. Esto no tendría demasiada importancia de no ser porque me dedico al mundo de la comunicación, la radio es parte de mi vida. Pero me provocan náuseas las malas noticias que trae este medio a nuestros oídos y, sobre todo, el tratamiento informativo que se le da a las tragedias ajenas en determinadas televisiones y periódicos. ¡Haberte dedicado al mundo del arte!, pensarán ustedes, incluso yo lo pienso y a veces me declino inevitablemente por ese extraordinario universo. Pero, ¿y qué es el arte sino conflicto, sufrimiento? Y yo respondo con otra pregunta, como buena betanceira que soy: ¿acaso la radio no es un arte? Y aún siéndolo, ¿no puede transmitir cosas extraordinarias? La respuesta la obtenemos cada semana en las sesiones de radio con los «mayores» de Coirós y Betanzos.
Porque sí, ese aparato viejo y afectado por la rutina de las parrillas radiofónicas actuales y lleno de noticias terribles, puede convertirse en un resorte de vida (tenemos alumnas de 85 y 90 años que nunca faltan a una clase), de alegría (el otro día, una de ellas, Isabel, me comentaba que la risoterapia no le había funcionado tanto como la radio), de compañerismo (algunos alumnos no saben leer, otros se ponen muy nerviosos, algunos tienen dificultades para moverse, pero todos se complementan para formar un equipo), y de creatividad (es un alimento vital para nuestro cerebro que se va lamentablemente atrofiando y que con la radio se activa y se ejercita). Quién le diría a Guglielmo que el medio al que vio dar sus primeros pasos (gracias también a los descubrimientos de otros nombres más olvidados) además de servir para transmitir esas noticias tan horribles de un lado a otro del planeta, tendría multiples beneficios que mejorarían la calidad de vida de un grupo de vecinos de Coirós y de Betanzos. Quién le diría al italiano que dos siglos después, su contribución iba a alimentar la ilusión de una humilde comunicadora con alergia al carcomido mundo del periodismo. Por todo ello, gracias Marconi.
Chegou aos nosos oídos...Abarrategui e Pascual en RNE
Chegou aos nosos oídos...que o martes 16 de decembro eran protagonistas en programa radiofónico de máxima audiencia : Lucía Abarrategui (ex alumna do Aguiar) e Sergio Pascual ( empezamos a pensar nomealo alumno adoptivo ) O curso pasado impartiron ao alumnado do Aguiar o seu taller de radio polas letras galegas . Este martes eran entrevistados en Radio Nacional de España.
O programa "Las Mañanas" que conduce Alfredo Menéndez facíase eco da iniciativa de Lucía e Sergio para levar a radio por toda a nosa bisbarra , facendo radio con xente maior, con xóvenes e con nenos, facendo terapia e servizo público. Sendo, dende as ondas, dinamizadores en Coirós, Betanzos, Monfero...
NORABOA, Lucía e Sergio. Toda unha honra para a comunidade do IES Francisco Aguiar.
Fallo do Iº Concurso Literario "Palacete".
O domingo 26 de outubro acaba de fallarse o Premio Palacete. Lembrando a construcción deste edificio emblemático de Betanzos en 1914 convocouse un Concurso literario de relato infantil e xuvenil ambientado na Iª Guerra Mundial (da que se conmemora este ano o primeiro centenario do seu estalido)
Na categoría xuvenil os premios corresponderon a dúas alumnas e un alumno do IES Francisco Aguiar:
Violeta Sánchez (1º premio)
Julia Nieto Mantiñán (2º premio)
Alberto Gómez Perales (3º premio)
Os premios foron entregados polos membros do xurado deste Iº Concurso literario, Xabier López, Xesús Fraga e Nieves Abarca.
Chegou aos nosos oídos...."Reo", un novo libro de Xesús Fraga.
"Reo" booktrailer (ollo, o mesmo a paisaxe vos resulta coñecida)
Chegou aos nosos oídos ....que un dos históricos e ilustres alumnos do Aguiar ven de publicar novo libro. "Reo", unha novela de Xesús Fraga, premio Raíña Lupa 2013, publicada por Editorial Galaxia.
Reo é un rapaz de barrio, un rapaz calquera. Pero... Reo é o rei dos grafiteiros da cidade...
Chegou ata os nosos oídos......."Martini Seco", Juan Vázquez e a Agrupación Teatral Mariñán
Chegou aos nosos oídos ,,,, que Juan Vázquez ( o primeiro pola esquerda na imaxe de cabeceira) , ex alumno e tamén ex profesor de Lingua e Literatura Castelá do IES Francisco Aguiar e hoxe profesor da dita materia en Pontedeume, presenta o sábado 22 de febreiro obra de teatro xunto coa Agrupación Teatral Mariñán.
Juan é socio fundador e "alma mater" da dita Agrupación Teatral que cumpre este ano o seu 20 aniversario. Grazas ao labor deste incombustible grupo de amantes do teatro, cada ano polo mes de febreiro, temos a oportunidade, e o pracer, de disfrutar dun Festival de Teatro Afeccionado ( imos xa pola V edición) . Este ano participaron nel Andaravía Teatro que presentou a súa obra "República de Guntián"; Tangatutanga de Santiago cunha espactacular representación do "drama histórico políticamente incorrecto" "Urraca"; e a Compañía Municipal de Teatro de Sada co clásico de Buero Vallejo "Historia de una Escalera".
O sábado 22 de febreiro toca o turno aos anfitriones. A Agrupación Teatral Mariñán estrea a súa posta en escena de "Martini Seco" . Será ás 20 h. na Aula de Cultura Xulio Cuns do Concello de Betanzos.
Chegou ata os nosos oídos......." Por cuatro esquinitas de nada". CEIP El Espartidero
"Chegou ata os nosos oídos..." é unha etiqueta da web do IES "Francisco Aguiar". Con ela queremos facermos eco do que ocorre máis aló dos muros do Instituto. Eventos e noticias relacionados con persoas que estiveron entre nós (alumnado ou profesorado, comunidade escolar en xeral) ou con aquelas que aínda forman parte deste proxecto educativo. Trátase de amosar outra cara que non sexa a estrítamente académica.
Pero neste caso imos deformar un chisquiño o sentido desta sección... Vos presentamos o traballo dun CEIP de Zaragoza que chegou aos nosos oídos "facebookaneros". Pode servirnos a pais, nais e docentes para reflexionar sobre o noso labor educativo. Aos rapaces para repensar as relacións entre vos.