Comisión de Convivencia
---
COMISIÓN DE CONVIVENCIA
Profesorado
Francisco Rodríguez Coloma
Ana Ruiz Soto
Elvira Castro Otero
Ana Vicos Lemos
Alumnado
Daniel Fraga Couceiro
Pais/Nais
Patricia Vázquez Gómez
Persoal de administración e servizos
O Aguiar participa na "Estratexia Galega para a Convivencia Escolar 2015-2020 - Educonvives.gal",
Nestes días a comunidade do IES Francisco Aguiar ao completo está a participar nunha recollida masiva de datos relativos á convivencia escolar.
Trátase dunha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que ten por obxecto ” detectar cal é o clima escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora que cumpran”. Pretende dispoñer dun "instrumento de diagnose inicial que permita identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos".
O instrumento elexido para esta recollida masiva de datos é unha ferramenta informática en liña, a aplicación ConvivenciaXestion,que permite un tratamento “automatizado e totalmente anónimo”.
Por iso dende hoxe, venres 13, e durante a vindeira semana o alumnado do noso instituto adicará unha sesión de clase a completar a enquisa nas aulas de informática do Instituto. Asemade, profesorado e familias recibirán unha folla na que se lles informa da iniciativa, proveeselles dunha clave de acceso á aplicación que sen perder o anonimato evite que persoas alleas ao centro poidan intervir na consulta e solicita a súa colaboración.