Normalización Lingüística

Gañadores [Micro]relatos de Terror

11/11/2024
Etc/GMT+1

Xa temos os gañadores do Concurso de [Micro]relatos de Terror convocado polo Equipo de Dinamización da lingua galega e a Biblioteca. Parabéns a Sarai Pérez Castro (1º premio) e Carlos Ulloa Rilo (áccesit)!

Concurso [Micro]relatos de Terror 2024

15/10/2024
Etc/GMT+1

Un ano máis, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a nosa Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez convocan o concurso de [micro]relatos de terror para o alumnado matriculado no IES Francisco Aguiar neste ano académico.

Animádevos a enviar as vosas creacións a bibliofranciscoaguiar@gmail.com!




Obradoiro de dobraxe

26/09/2024
Etc/GMT+1

Hoxe tivemos o pracer de contar con Manuel Pombal e Suso Pando, grandes actores, locutores, realizadores, directores, guionistas, dobradores... Ofreceron un espectáculo para o alumnado de 1º de Bac no que aprenderon, de maneira lúdica, como funciona a dobraxe. Moitísimas grazas ao Concello de Betanzos por ofrecernos este obradoiro!

 



I Trofeo Escolar de Xadrez

15/05/2024
Etc/GMT+1

O pasado 15 de maio celebrouse no IES Francisco Aguiar o I Trofeo Escolar de Xadrez "Letras Galegas" no que participaron os 3 institutos de Betanzos quedando 1. IES Francisco Aguiar 2. IES As Mariñas 3. CPR Plurilingüe Nosa Señora do Carme

Noraboa a tod@s os participantes! E moitas grazas pola súa colaboración aos Equipos de Dinamización Lingüística, Excmo. Concello de Betanzos, Gadisa e Xaquedrum.

Obradoiro de escrita creativa

17/04/2024
Etc/GMT+1

Os días 17 e 18 de abril, o alumnado de 3º da ESO recibíu un Obradoiro de escrita a cargo de Antía Otero, de Apiario Editora.

Organizado polo Concello de Betanzos e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 

Contacontos - Día das Letras Galegas 2024

06/05/2024
Etc/GMT+1

O alumnado de E1 asistíu a unha actividade de Normalización sobre Luísa Villalta da man de Polo Correo do Vento, organizada polo concello de Betanzos e o Equipo de Dinamización Lingüística.

EDLG - BAC1

21/03/2024
Etc/GMT+1

O alumnado de 1º de Bacharelato acude á sala Xulio Cuns para gozar dun concerto de Aldaolado organizado por Normalización Lingüística do concello de Betanzos.

Rap con Rosalía

19/02/2024
Etc/GMT+1

Alumnado de ESO2 goza da actividade "Rap con Rosalía", na semana na que celebramos o día de Rosalía. Esta actividade, ofertada por Vella Escola, está organizada polo servizo de normalización lingüística do concello de Betanzos.

Talía Teatro na sala Xulio Cuns

21/02/2024
Etc/GMT+1

Alumnado de ESO4 acode a ver unha obra de Talía Teatro na sala Xulio Cuns. Está é unha actividade organizada polo servizo de normalización lingüística do concello de Betanzos.

#aquítaménsefala

12/01/2024
Etc/GMT+1

O noso centro participa nesta iniciativa cultural e de dinamización lingüistica, iniciada polo IES Rafael Dieste, xunto con máis de 150 centros de toda Galicia!

Con esta campaña, preténdese rachar cos prexuízos que din que non se fala galego na nosa comunidade.

O alumnado visitou comercios da localidade, que agora amosan con orgullo un cartel como o seguinte:

Distribuir contido