Club de ciencia
Club de Ciencias - visita a Goimil
O club de ciencias organizou unha excursión á central eléctrica de Goimil, onde aprenderon que as centrais dese tipo desvían o río, en troques de facer encoro, o que a fai moito máis sostible porque derivan o cauce e devólveno ao río.
Club de Ciencia - Corte coa Mr. Beam
Enviado por laurateacher o Ven, 01/03/2024 - 17:45
Nesta ocasión o departamento de tecnoloxía do IES Francisco Aguiar ven de rematar unha actividade realizada co alumnado de 1º da ESO.
Durante dúas sesións, deseñaron un calendario-puzzle chamado "un puzzle ó día", que consiste nun calendario universal no que están representados os nomes dos meses xunto cos días do 1 ó 31 e que a maiores consta de oito pezas dun puzzle deseñadas de tal xeito que a colocación estratéxica das pezas ten que ocultar todos os meses e os números de día agás o mes e o día da data actual. Deste xeito o calendario-puzzle ofrece un desafío diario de como colocar as 8 pezas do puzzle para amosar só a data do día, o que se traduce en 365 desafíos ó ano.
O alumnado deseñou e decorou cadanseu calendario que logo foi gravado e cortado utilizando cartón reciclado e a cortadora láser dos Polos Creativos.
Club de Ciencia - Corte coa Mr. Beam
O profesorado de tecnoloxía oferta un taller de cortado láser coa Mr. Beam para a rapazada pertencente ao Club de Ciencia.
Obradoiro de Iniciación á Astronomía
O pasado 23 de xaneiro tivo lugar o Obradoiro de Iniciación á Astronomía, organizado conxuntamente entre o profesorado do Club de Ciencia e do Proxecto MeteoEscolas.
O alumnado recibiu unha charla acerca da evolución do concepto de gravidade ao longo da historia e dos principais movementos da Terra, aclarando cales causan as estacións e por que estas dependen do hemisferio no que se estea. Ademais, traballáronse nocións básicas de orientación, constelacións, eclipses e mitoloxía.
Non se puido levar a cabo a observación posterior ao non se teren dado as condicións meteorolóxicas adecuadas.
1ª Reunión Club de Ciencia Aguiar
Alumnado de 1º e 2º da ESO foron ata o río e realizaron medicións de ph, nitratos, osíxeno, temperatura...
De igual modo, observaron a fauna e analizaron o seu papel como bioindicadores.
Visita á cova do Rei Cintolo
Alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato e de Xeoloxía de 2º de Bacharelato toman parte nunha visita guiada á Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo. Todas as fotos aquí.
Eco-regata na ría de Betanzos
O sábado 16 de setembro, alumnado de Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 2° BAC participaron na Eco-regata na ría de Betanzos para a recollida de lixo na marisma.
Gañadora do concurso do logo do Club de Ciencia Aguiar
Xa temos logo gañador para o Club de Ciencia!
Paula Fernández Rey, alumna de 2º ESO B, fixo esta proposta, que resultou elixida por unanimidade.
Pronto veredes o logo nas diferentes actividades e produtos que xurdan desta magnífica iniciativa! |
Club de Ciencias: Proxecto Ríos
Enviado por Anónimo o Xov, 01/06/2023 - 09:54Acercámonos ao río Pelamios (aldea das Carañas) para facer un estudo da súa calidade biolóxica, fisicoquímica e hidromorfolóxica no tramo baixo.
Antes de saír aproveitamos para explicar o programa con placas de Arduíno que realizou o alumnado de Tecnoloxía de 1ºBAC para automatizar o mantemento do nivel da auga do estanque do xardín.