3º ESO
Visita Exposición Irving Penn II
Visita Exposición Irving Penn I
Obradoiro de iniciación segura á pegada dixital
O alumnado de 3º da ESO que cursa Educación Dixital participou nun interesantísimo obradoiro ofertado pola Consellería de Educación.
Reunión viaxe á neve 2025
Convócase ás familias do alumnado de 3º da ESO interesadas en participar no viaxe á neve a unha reunión o vindeiro martes 22 de outubro ás 18.15 no salón de actos do instituto.
Visita á exposición Betanzos histórico: as cores da cidade
Os grupos de 3º da ESO visitan a exposición "Betanzos histórico: as cores da cidade", con fotografías tomadas por alumnado en maio de 2023. Esta exposición englóbase no programa "Fotografía en curso" que busca explorar cunha cámara o casco histórico de Betanzos para así aprender a valoralo e conservalo.
A exposición estará aberta ata o 10 de outubro.
Catalogación das árbores do instituto
O alumnado de 3 ESO de proxecto competencial estivo a catalogar as numerosas árbores (cerca de 200!) que temos no no noso instituto. Abundan os plátanos e os chopos, destacan os catro cedros, gustan as froiteiras... e protexen os do sol os castaños de indias. Ademais, loureiros, aligustres, carballos e freixos confiren un vizoso aspecto ao noso fermoso patio. Só nos faltan os bancos de Teka para sentirnos en Hyde Park!
Para complementar a catalogación, a técnica de Turismo do Concello de Betanzos explicounos cousas curiosas relacionadas cos espazos verdes de Betanzos: que o parque actual ía ser un complexo deportivo; que a praza do concello tiña Magnolios (só queda o da foto) e que a Praza do Campo, onde se facía o mercado (e se fai), estaba tamén arborada.