3º ESO

Saída Fotográfica para 3º de ESO

18/05/2022 06:45
Etc/GMT+2

O grupo de E3C sae de safari fotográfico, unha actividade organizada polo Departamento de Plástica. O alumnado sairá por quendas ao longo da mañá.

 

Charla co escritor Antonio Manuel Fraga

25/04/2022 11:25
25/04/2022 12:15
Etc/GMT+2

 

O 25 de abril o alumnado de E3C e E3D terá a oportunidade de conversar co escritor de Pontedeume Antonio Manuel Fraga.

 

Antonio Manuel Fraga - Ficha de autor en Tebeosfera

Piragüismo no Mandeo (II)

03/05/2022 14:20
03/05/2022 16:00
Etc/GMT+2

O alumnado de E3A practicará piragüismo no río Mandeo o vindeiro día 3 de maio.

Remando no Mandeo. Práctica de piraguismo | IES Francisco Aguiar

Piragüismo no Mandeo

03/05/2022 10:20
03/05/2022 12:00
Etc/GMT+2

O alumnado de E3D practicará piragüismo no río Mandeo o vindeiro día 3 de maio.

Remando no Mandeo. Práctica de piraguismo | IES Francisco Aguiar

Visita á exposición "Untold Stories", de Peter Lindbergh (Reportaxe gráfica)

 

A semana pasada os grupos de 3º de ESO visitaron na Coruña a exposición "Untold Stories", sobre as fotografías de Peter Lindbergh.

Recollemos na nosa páxina as fotos da visita.

Álbum: Curso 2021-2022 -> Exposición Peter Lindbergh "Untold Stories" - 3º ESO

visita á exposición "Untold Stories", de Peter Lindbergh

15/03/2022 09:45
16/03/2022 12:15
Etc/GMT+2

Os días 15 e 16 de marzo, os grupos de 3º de ESO visitarán na Coruña a exposición "Untold Stories", do fotógrafo Peter Lindbergh.

 

Fotografía monumental: Peter Lindberg y sus 'Untold Stories' - ARS Magazine

 

 

 

 

 

 

 

 

Charlas sobre violencia de xénero (Plan Director)

15/02/2022 08:40
15/02/2022 12:15
Etc/GMT+2

 

Se no mes de novembro a Guarda Civil impartiu charlas sobre o acoso escolar, agora é o turno de impartir charlas sobre a violencia contra as mulleres.

O martes será o turno de 3º de ESO.

Charla sobre drogas, impartida por Juan Carlos Prado, psicólogo do Concello de Betanzos

14/02/2022 08:40
14/02/2022 11:25
Etc/GMT+2

A charla de Juan Carlos Prados versará sobre Drogas sintéticas, aos grupos de E3B, E3C e E3D.

Rap con Rosalía, obradoiro de poesía para 3º de ESO

25/02/2022 08:40
25/02/2022 12:15
Etc/GMT+2

No marco da Semana de Rosalía, o Departamento de Dinamización Lingüística organiza para 3º B e 3º D un obradoiro sobre a obra poética de Rosalía Castro "Rap con Rosalía", unha actividade ofrecida desde o Concello de Betanzos e por conta de "Vella Escola".

Visita ao Muncyt de 3º de ESO

 

O pasado martes 21 de decembro o alumnado de 3º ESO visitou o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología ( MUNCYT) na Coruña.

O departamento de Tecnoloxía organizou dúas quendas durante a mañá, cada unha de cincuenta alumnos e alumnas.

 

 

A visita constaba dun obradoiro de Nanotecnoloxía (onde tamén realizaron esferificacións con alginto sódico e cloruro cálcico) e un percorrido guiado por algunhas exposicións do museo, con especial interese polas salas dedicadas ás inventoras e inventores españois.

 

Distribuir contido