Visita ao Muncyt de 3º de ESO

 

O pasado martes 21 de decembro o alumnado de 3º ESO visitou o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología ( MUNCYT) na Coruña.

O departamento de Tecnoloxía organizou dúas quendas durante a mañá, cada unha de cincuenta alumnos e alumnas.

 

 

A visita constaba dun obradoiro de Nanotecnoloxía (onde tamén realizaron esferificacións con alginto sódico e cloruro cálcico) e un percorrido guiado por algunhas exposicións do museo, con especial interese polas salas dedicadas ás inventoras e inventores españois.