Taboleiro

Eco-regata 23

O sábado 16 de setembro, alumnado de Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 2° BAC participaron na Eco-regata na ría de Betanzos para a recollida de lixo na marisma.

Álbum: Sen categoría -> Eco-regata 23

Surf en Bastiagueiro

O alumnado de 4º da ESO estreou as actividades complementarias deste curso cunha saída á praia de Bastiagueiro martes, 19 de setembro. A actividade principal foi a iniciación ao surf, unha experiencia única para todo o alumnado participante, que puido gozar dun día solleiro cunhas ondas ideais para comezar a mergullarse neste deporte tan de moda.

Damos as grazas á escola "After Surf" por todos os bos consellos que nos deron ao longo da mañá.

Máis fotos no Instagram e no Facebook do instituto!

Viaxe a Andorra - 4º de ESO

 

Durante os días 14 e 21 de xaneiro, os grupos de 4º de ESO visitaron Andorra para practicar esquí. 

A estadía en Andorra foi unha posibilidade formativa moi interesante para o alumnado e profesorado, porque permitiu afondar no coñecemento mutuo, a compresión do papel que xogamos cada un de nós, por non falar da liberdade que gozou o alumnado nun entorno descoñecido.

O alumnado puido demostrar actitudes, normas, comportamentos baseados en valores adquiridos ao longo dos anos, tanto na familia como nas diferentes etapas educativas, destacando o respecto e a colaboración nas actividades realizadas.

 

 

Saída fotográfica 3º ESO - Cores na cidade

 

Nos últimos días de maio, os alumnos e alumnas de 3º de ESO saíron facer fotografías por Betanzos adiante, no marco da materia de Plástica e baixo a supervisión do profesor José Manuel Rey.

As fotos do alumnado reflicten as cores da cidade de Betanzos.

 

Álbum: Curso 22-23 -> Cores na cidade

Proxecto final con edición de vídeo de TIC - 4ºESO

 

Como proxecto final de edición de vídeo co programa Openshot dentro da materia de TIC de 4ºESO  realizáronse curtametraxes e Stop motion. 

 Antes de filmar/captar as imaxes e realizar as gravacións de sons/música, elaboramos un guión e escribimos/debuxamos a stotyboard. 

 Despois editamos usando o programa Openshot.

 

Torneo de Xadrez . Final de curso 202/23

 

O último día de clase celebrouse no patio do instituto un Campionato de Xadrez onde participaron 20 alumnos e alumnas do centro, seleccionados de entre os mellores de cada aula. Tras varias eliminatorias moi competidas acadaron os 4 primeiros postos os seguintes alumnos:

 

1º Mario Fernández Vázquez 3º C

2º José Acón Fragoso 2º B

3º Pedro Rafael de Farias Alves 2º C

4 º Samuel Edreira Pita 2º C

 

Todos os participantes recibiron como agasallo un libro de xadrez cedido pola Federación Galega.

 

O Concello de Betanzos regalou os trofeos para os gañadores.

 
Álbum: Curso 22-23 -> Toneo de Xadrez 2022

METEOESCOLAS: CLIMOGRAMAS


O alumnado de 1ºESO fixo os climogramas asociados ás recollidas de datos feitas na estación meteorolóxica do centro, dende o 6 de febreiro ó 19 de marzo. Os climogramas recollen os datos semanais das precipitacións, das temperatúras máximas e mínimas de cada día de cada unha das semanas das que se recolleron os datos.


A continuación podemos ver tres exemplos dos climogramas feitos polo alumnado.

 

METEOESCOLAS: PAPAVENTOS



O alumnado de proxecto competencial está a indagar sobre a construción dos papaventos. Como resultado do seu proxecto, fixeron os seguintes podcast na radio do IES Francisco Aguiar onde poñen en relación a construción dos papaventos e a meteoroloxía, e que podemos escoitar a continuación: 


Podcast 1: https://www.ivoox.com/cometas-audios-mp3_rf_110306535_1.html

O alumnado de 3ºESO ofrécevos unha alternativa para esta finde... voar un papaventos. Pero como se manteñen no aire?
Eles explícannolo.



Podcast 2: https://www.ivoox.com/segundo-podcast-sobre-cometas-audios-mp3_rf_110306762_1.html

Despois de teren traballado todo o curso cos papaventos chegou o momento, temos que voalas... pero onde?
O alumnado de 1ºB fixo ese traballo de investigación por vos.

 

Podcast 3: https://www.ivoox.com/cometas-3-audios-mp3_rf_110306931_1.html

Os nosos compañeiros/as de 1A tentaron saír a volar os seus papaventos feitos en proxecto competencial.
Ainda que tiñan o lugar, grazas ao noso segundo podcast sucedeu o inimaxinable...
As condicións metereolóxicas non nos acompañaron. Isto fíxolles reflexionar sobre o tempo e as catástrofes que este provoca co que decidiron facer este último podcast.

Distribuir contido