Taboleiro
Visita ás Fragas do Eume
Os grupos de 1ºB e 1º C visitan as Fragas do Eume.
Visita ás covas do Rei Contolo (Mondoñedo)
O alumnado das materias de Cultura Científica e de Antamonía aplicada viaxan ás Covas do Rei Cintolo, en Mondoñedo.
Presentación dun libro da escritora Eva Mejuto
No contexto da Semana das Letras, o Departamento de Lingua Galega organiza un encontro coa escritora Eva Mejuto co alumnado de 3º de ESO.
Contacontos para 1º de ESO. Actividade de dinamización lingüística
O Departamento de Dinamización Lingüística, en colaboración co Concello, organiza unha actividade de contacontos para 1º de ESO.
Avaliación Final Ordinaria para ESO. Curso 2022/23
Ao longo do día reúnese a xunta de avaliación ordinaria de ESO e a xunta de avaliación extraordinaria de Bacharelato, ademais da xunta de avaliación final ordinaria do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais.
Avaliación Final Ordinaria 2º Bacharelato. Curso 2022/23
Ao longo da tarde do 15 de maio reúnese a xunta de avaliación final ordinaria de 2º de Bacharelato.
Charla de Orientación Académica para 4º de ESO
Este mércores os grupos de 4º teñen unha charla de orientación académica, que corre a cargo do Equipo de Orientación Específico.
Visita guiada ao Betanzos Medieval
O pasado 12 de abril, o alumnado da materia de Historia da Música e da Danza realizaron unha visita guiada ao Betanzos Medieval.
Tamén acudiron ao Museo das Mariñas.
Obradoiros na biblioteca
Enviado por Anónimo o Mér, 26/04/2023 - 10:01
Xa están funcionando os Obradoiros de celebración do día do libro! O venres xoves estrenámonos con origami, o venres lettering e o luns radio.
Lembrade que non tedes que anotarvos antes, só tedes que acudir á Biblio no recreo e solicitar o material do Obradoiro que queirades facer (lettering, origami, ioga e meditación, chapas, radio e creación de libros pop-up).
Aquí tedes unha mostra do feito e tamén unha foto da Biblio no recreo. Dá gusto ver a Biblio con tanta xente!!
Sodes todos e todas moi ben benvid@s!!
Formación na radio escolar
Enviado por Anónimo o Mér, 26/04/2023 - 09:58O pasado venres 21 de abril, un grupo de alumnos e alumnas de 2º de ESO participaron de xeito voluntario nun curso de formación en radio escolar. Aprenderon a facer un guión, gravar, empregar o Audacity e manexar a mesa de misturas e o control técnico. Xa están preparados para traballar sós! De feito, o luns no recreo xa foron á radio a poñer en práctica o aprendido.
Aquí tedes varias fotos da xornada de formación.
Graciñas á rapazada por participar!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »