Física e química
Polos Creativos. Actividades de 2º A de ESO
Enviado por Anónimo o Xov, 25/05/2023 - 11:55
O alumnado de 2°ESO-A comeza a súa andaina na Aula de Polos Creativos deseñando nos seus ordenadores e-dixgal unhas pezas na plataforma TINKERCAD, para imprimilas a continuación na impresora 3D.
Masterclass de Física de partículas para 2º de Bacharelato
O pasado venres 3 de marzo, tres alumnos de 2º de Bacharelato do IEs Francisco Aguiar participaron na Masterclass, "Física de partículas coas mans", unha iniciativa promovida polo “Grupo Internacional de Divulgación de Física de Partículas”, que consistiu nunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas actual, ademais dunha práctica realizada en grupo cuxos resultados serán discutidos mediante videoconferencia con outros centros europeos que organizan simultaneamente unha xornada idéntica.
Conferencias no mes da Ciencia en Galego (I)
A Institución Galega de Ciencia ofrece unha serie de charlas sobre temas científicas.
A primeira charla desenvolverase no Salón de Actos o martes 16 ás 13 horas e versará sobre o COVID. O título da conferencia é A pandemia: o que nos arrebatou e o que nos deixou.
A conferencia será impartida por
A táboa periódica
Temos instalada no vestíbulo unha táboa periódica interactiva, realizada polo alumnado de 4º de ESO, no marco da materia de Física e Química.
A foto desde logo non lle fai xustiza; hai que vela in situ. O resultado sorprende pola súa potencia didáctica e visual.
Traballos sobre a historia das medidas de distancias. 1º de Bacharelato
Os alumnos de Física e Química de 1º de Bacharelato realizaron unha investigación sobre a evolución da medida de lonxitude (distancia), plasmando o seu traballo en carteis cunha liña de tempo. Aquí tedes o magnífico resultado:
O mundo dos cristais. #Clube de Ciencia #FísicaeQuímica
Enviado por Anónimo o Lun, 31/05/2021 - 20:02Crónica en imaxes dunha tarde nos laboratorios de Física e Química, onde o alumnado do Clube de Ciencia puido descubrir o mundo dos cristais, creando sorprendentes xardíns químicos e xeodos.
Días despois, cada participante puido recoller o resultado do seu traballo.
Termoclina #Meteoescolas #toleouotempo #clubdeciencia
Reproducimos o fenómeno da termoclina nun acuario. Cando unha masa de auga ou de aire entra en contacto con outra que ten unha temperatura moi diferente, a zona que as separa chámase termoclina. Experiencia para o plan proxecta #Meteoescolas Toleou o Tempo? e mais para o Club de Ciencia do IES Francisco Aguiar de Betanzos
Non paramos nin confinados, porque a cabeza non para, e hai profesoras, coma a sempre xenial Olga Blanco que non pode deixar de pensar actividades divertidas para, cando volvades, sorprendervos coa aprendizaxe das ciencias.