Física e química
O Aguiar comprometido, un ano máis, coa reciclaxe.
Un ano máis, os departamentos de Tecnoloxía e Física e Química invítannos a cobrar conciencia ecolóxica e a que dita conciencia nos mova a actuar de xeito responsable.
O uso cada vez máis xeneralizado das impresoras nos centros de traballo, ou mesmo nas casas de cada un de nos, está a xenerar uns resíduos aos que compre dar unha saíd
a o máis respetuosa posible co medio ambiente. A empresa RECOATLÁNTICO nos propón a recollida dende o Instituto, e participando nun concurso escolar, de cartuchos usados de impresora o toner.
Por isto facemos un chamamento a toda a comunidade escolar : o propio centro, alumnado, familias, profesorado, empresas coas que traballamos.... para que todos aqueles materiais deste tipo ( catuchos de impresoras ou toner de fotocopiadora) nolos traiades para que os xestionemos axeitadamente.
Coñecer, adquirir conciencia, actuar de xeito responsable, influir para que outras persoas fagan o mesmo.
Videoconferencia. IV Día da Ciencia en Galego
O martes 12 de novembro entre as 12.30 e a 13.30 , terá lugar no Salón de Actos unha videoconferencia para conmemorar o IV día da Ciencia en Galego. Esta actividade está organizada polo Equipo de Normalización e Dinamización Ligüística e a colaboración do departamentos de Física e Tecnoloxía. Participarán alumnos e alumnas de 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato.
O título da videoconferencia será: "Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol". Correra a cargo de Jorge Mira Perez. Doutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade investigadora está centrada no estudo do magnetismo en sólidos e a nanotecnoloxía, e tamén no estudo de sistemas de falantes con idiomas en competición. Publicou numerosos traballos especializados en publicacións de prestixio e desenvolve un importante labor divulgador en libros, nos medios de comunicación ou do programa "ConCiencia" (USC), do que é responsable. Páxina web: http://www.usc.es/fagms/Mira/jorge.htm
Para abrir boca unha breve sinopse: Poucas etapas da historia amosaron un talento tan brillante como a da Grecia clásica. Contaremos como fixeron eses gregos para sabe-lo tamaño do mundo que habitamos e calcula-la distancia á lúa e o sol e os seus tamaños, usando tan só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea.
...................................................................&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&.....................................................................
SEGUNDA SEMANA DA CIENCIA E A TECNOLOXÍA
II Semana da Ciencia e a Tecnoloxía
Celebrada do 29 de abril ao 3 de maio de 2013
Por segundo ano consecutivo celebrouse no Instituto esta Semana, coa que se quere fomentar a cultura científica dos nosos alumnos e motivalos na aprendizaxe das ciencias e a tecnoloxía.
Esta actividade foi organizada polos profesores Luísa Muíño (Departamento de Física e Química) e Juan Neira (Departamento de Tecnoloxía), colaborando Emilio Duque ( Departamento de Bioloxía e Xeoloxía) e na elaboración do cartel os alumnos de María del Carmen Núñez Faraldo (Departamento de Tecnoloxía).
Preparamos nas semanas anteriores a alumnos voluntarios que actuaron como monitores e foron os auténticos protagonistas destas xornadas, tanto na realización como na explicación dunha serie de proxectos e experimentos aos compañeiros doutros niveles, facendo que a semana fora amena e educativa á vez. As experiencias resultaron atractivas tanto para os alumnos/as que as realizaron como para os que as recibiron.
Todo este traballo completouse con dúas conferencias. Na primeira, con Paulino Gasalla, responsable do área de Astronomía e Contaminación Lumínica da “Sociedade Galega de Historia Natural” de Ferrol, efectuamos unha imaxinativa viaxe espacial. Saíndo da Terra nunha hipotética nave percorremos o Sistema Solar, visitando todos os planetas, os seus satélites, asteroides, planetoides, cometas, etc, para despois entrar na Vía Láctea onde visitamos estrelas, nebulosas, supernovas, novas, cúmulos abertos, cúmulos pechados, nacemento de estrelas, galaxias satélites, galaxias do Grupo Local, e penetramos no Espazo Profundo, onde atopamos grandes galaxias, choques galácticos, cúmulos de galaxias, cuasares e así ata chegar aos confíns do Universo Coñecido.
Na segunda, Antonio Sanduende Otero, responsable do Departamento de Servizos Enerxéticos na empresa Punto de Solucións de Enxeñería Galega, S.L.L. e Consultor de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética, falou da enerxía solar térmica e fotovoltaica e as súas aplicacións prácticas.
Os proxectos e ensaios realizados podedes velos resumidos brevemente no seguinte arquivo:
II Semana da Ciencia e a Tecnoloxía
Do 29 de Abril ao 3 de Maio de 2013
Por segundo ano consecutivo vaise a celebrar no Centro a Semana da Ciencia e a Tecnoloxía, organizada polos profesores Mª Luisa Muíño, Juan Neira e Emilio Duque.
Levaranse a cabo demostracións do funcionamiento de distintos proxectos de Tecnoloxía e de fornos solares, experimentos nos laboratorios de Física e Bioloxía, e as conferencias “Unha viaxe espacial” por Paulino Gasalla e "A enerxía solar e as súas aplicacións prácticas" por Antonio Sanduende.
Pódese consultar o programa no ficheiro adxunto.
Conferencia sobre dispositivos baseados nos conceptos de Termodinámica
22-Marzo-2013
Charla ofertada pola Universidade de Santiago de Compostela baixo o título: "Deseño para o outro 90%: Dispositivos baseados na aplicación de conceptos básicos de Termodinámica", sendo a conferenciante Pilar Brocos Fernández do Departamento de Física Aplicada.
Destinada ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e organizada polos Departamentos de Física e Química e Tecnoloxía, en colaboración co Departamento de Orientación.
Visita ó MUNCYT
21 e 22-Marzo-2013
Os alumnos de 3º de ESO visitaron o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña.
Actividade organizada polos Departamentos de Física e Química e Tecnoloxía.
Visita ó CIQUS
20-Marzo-2013
Os alumnos de 2º de Bacharelato de Química visitaron o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) da Universidade de Santiago de Compostela.
Asistiron ás xornadas tituladas "A investigación en Química: ciencia creativa para un mundo mellor", nas que se mostrou a importancia da Química no desenrolo e benestar da sociedade.
Os alumnos realizaron sinxelos experimentos no laboratorio (un grupo sintetizou aspirina e o outro paracetamol).
Visitaron un laboratorio con demostracións e experimentos curiosos e tamén os laboratorios de instrumentación nos que recibiron unha explicación básica das técnicas de caracterización estructural (con espectros reais dos compostos que sintetizaron).
Para ver máis información fai click na imaxe.
Conferencia sobre as enerxías renovables
18-Febreiro-2013
Charla ofertada pola Universidade de Santiago de Compostela baixo o título: "As enerxías renovables como solución dun problema", sendo o conferenciante José Antonio Rodríguez Añón do Departamento de Física Aplicada.
Destinada ao alumnado de 4º de ESO e organizada polos Departamentos de Física e Química e Tecnoloxía, en colaboración co Departamento de Orientación.
Visita á ETAP de A Telva (Emalsa)
14-Febreiro-2013
Os alumnos de 2º de Bacharelato de Química (2ºB) visitaron a estación de tratamento de auga potable (EATP) de A Telva en A Coruña (Emalcsa).
Puideron ver as distintas fases de depuración da auga que se extrae do río Mero, para quedar potable e lista para o seu consumo. Mesmo tiveron ocasión de simular as análises da auga que forman parte do proceso de potabilización, depurando auga sucia coa axuda de coagulantes e floculantes.
Para ver máis información fai click na imaxe.
Visita á Refinería de Repsol en A Coruña
14-Febreiro-2013
Os alumnos de 2º de Bacharelato de Ciencias (A e C) efectuaron unha visita ás instalacións da Refinería de Repsol.
Asistiron á presentación dun video explicativo, detivéronse nas enormes maquetas e paneis que detallaban o funcionamento da Refinería e accederon á sala de control, donde os operarios que estaban traballando lles explicaron o que estaba sucedendo nese intre nas diferentes seccións. Por último, observaron as distintas unidades de planta percorrendo en autobús o interior da instalación.