Física e química

Visita ás Centrais Térmicas de As Pontes

29-Xaneiro-2013

Central_TermicaOs alumnos de 2º de Bacharelato (Física e Tecnoloxía) e de 1º de Bacharelato (Tecnoloxía), visitaron as dúas Centrais Térmicas de As Pontes, pertencentes á Empresa Endesa, acompañados polos profesores Mª Luisa Muíño e Juan Neira, dos Departamentos de Física e Química e Tecnoloxía.

O obxectivo da visita á Central Térmica Convencional era comprender o seu funcionamento, os combustibles empregados e o impacto no medio. Durante o percorrido, os alumnos puideron apreciar os elementos máis importantes da central: o parque de carbóns, as turbinas, as torres de refrixeración, sala de control... Tamén se achegaron ao lago de As Pontes, onde viron unha antiga rotopala excavadora e brevemente lles explicaron o proceso de extracción do carbón e a recuperación ambiental, tanto do lago como da escombreira.

Na visita á Central Térmica de Ciclo Combinado oa alumnos puideron coñecer como se xenera a electricidade, que partes integran o proceso e as vantaxes que presenta fronte á Central Térmica Convencional.

 

Foto_visita

Visita a Sotavento

18-Decembro-2012

icono_sotaventoActividade organizada polos profesores Mª Luisa Muíño (Departamento de Física e Química) e Juan Neira (Departamento de Tecnoloxía), destinada ao alumnado de 1º de Bacharelato de Ciencias.

Os obxectivos da visita foron os seguintes:

. Coñecer e comprender as fontes de enerxía renovables e non renovables, así como as súas características principais.

. Tomar conciencia da necesidade dun consumo enerxético responsable e eficiente, ante o crecente aumento das necesidades enerxéticas.

. Valorar as repercusións que as actividades humanas teñen sobre a natureza, e tomar conciencia da necesidade dun desenvolvemento sostible.

. Analizar o funcionamento dun parque eólico nas súas distintas fases: montaxe, producción e evacuación.

. Identificar as diferenzas tecnolóxicas existentes no parque e a súa terminoloxía.

. Descubrir e aprender as novidades tecnolóxicas que, no campo da transformación enerxética, terán repercusión nun futuro inmediato, (tecnoloxía do hidróxeno, pila de combustible).

. Coñecer exemplos reais de instalacións relacionadas coa arquitectura bioclimática, apostando polas fontes renovables na xestión da auga, aforro de enerxía e automatización do fogar (vivenda bioclimática).

Pódese atopar información acerca de Sotavento e das súas actividades divulgativas clickando nas imaxes.


Foto_visita

PRIMEIRA SEMANA DE CIENCIA E DA TECNOLOXÍA

I Semana da Ciencia e a Tecnoloxía

Celebrada do 24 ao 27 de abril de 2012cartel semana

 

Este curso celebrouse esta Semana organizada polos profesores Luísa Muiño

( Departamento de Física e Química) e Juan Neira (Departamento de Tecnoloxía), coa colaboración de Emilio Duque (Departamento de Bioloxía e Xeoloxía) e María del Carmen Núñez Faraldo (Tecnoloxía).

O máis importante foi a participación dos alumnos voluntarios de 3º. 4º ESO e 1º de Bacharelato que prepararon e realizaron proxectos, experimentos e ensaios que amosaron aos seus compañeiros de instituto durante estes catro días. Todo este traballo complementouse cunha conferencia científica sobre as aplicacións en Medicina das radiacións .

Os proxectos e ensaios podedes velos resumidos brevemente no seguinte arquivo:

 


Visita ao Museo de Historia Natural de Ferrol

30-Maio-2012

museo de historia natural

 

 

Actividade destinada ao alumnado de 3º A e B da ESO. Organizada polos profesores Luisa Muíño do departamento de Física e Química e Juan Neira do Departamento de Tecnoloxía.

 

 

I Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

Do 24 ao 27 de Abril de 2012

Os profesores Mª Luisa Muíño e Juan Neira, organizan por primeira vez no centro, a Semana da Ciencia e a Tecnoloxía. Levaránse acabo demostracións guiadas do funcionamiento de distintos proxectos de Tecnoloxía, experimentos no laboratorio de Física e Química, ensaios de xenética no laboratorio de Bioloxía, e a conferencia “Bases científicas das probas de detección por imaxe en Medicina” por Cristina Lois Gómez Doutora en Ciencias Físicas.

Consulta e descarga o programa nos ficheiros adxuntos de esta entrada.

Tamén podes ver os carteles feitos polos alumnos de informática con motivo de este evento.

Visita a Sotavento

13/15-Decembro-2011

sotaventoO alumnado de 3º da ESO visitará o parque eólico experimental de Sotavento, en As Pontes de García Rodríguez, acompañados dos profesores Mª Luisa Muíño, do departamento de Física e Química, e Juan Neira do departamento de Tecnoloxía.

Poderedes atopar información acerca de Sotavento e das súas actividades divulgativas no enlace ou premendo na imaxe.

Tamén lembrar que se pode acceder ás fotos das visitas que fixemos a estas instalacións navegando na súa web.

sotavento2

Visita á planta de Reganosa en Mugardos

20-Xaneiro-2011

reganosa

Os profesores Mª Luisa Muiño e Juan Neria dos departamentos de Física e Química e Tecnoloxía, levarán ós alumnos de 4º de ESO a visitar á regasificadora de Mugardos.

Aprenderán o camiño que segue o Gas Natural dende os xacementos ata os centros de consumo. Tamén as características do GNL (Gas Natural Licuado) e as vantaxes do Gas Natural frente a outros combustíbeis fósiles.

Enlace a web de Reganosa preme aquí ou na imaxe.

Distribuir contido