Visita ó CIQUS

      20-Marzo-2013 

CiqusOs alumnos de 2º de Bacharelato de Química visitaron o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) da Universidade de Santiago de Compostela.

Asistiron ás xornadas tituladas "A investigación en Química: ciencia creativa para un mundo mellor", nas que se mostrou a importancia da Química no desenrolo e benestar da sociedade.

Os alumnos realizaron sinxelos experimentos no laboratorio (un grupo sintetizou aspirina e o outro paracetamol).

Visitaron un laboratorio con demostracións e experimentos curiosos e tamén os laboratorios de instrumentación nos que recibiron unha explicación básica das técnicas de caracterización estructural (con espectros reais dos compostos que sintetizaron).

Para ver máis información fai click na imaxe.